Taboleiro de comunicación en Android para nenos e nenas con dificultades de comunicación

UDC.coleccionTraballos académicos
UDC.tipotrabTFG
UDC.titulacionGrao en Enxeñaría Informática
dc.contributor.advisorBernardo, Guillermo de
dc.contributor.advisorCerdeira-Pena, Ana
dc.contributor.authorSampayo Sande, Iago
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Informática
dc.date.accessioned2025-10-31T11:58:08Z
dc.date.available2025-10-31T11:58:08Z
dc.date.issued2025-09
dc.description.abstract[Resumo]: A comunicación efectiva é un elemento central na interacción diaria entre persoas, sexa no ámbito persoal e familiar ou no escolar/laboral. Sen embargo, existe un gran número de circunstancias que impiden realizar esta interacción a través da linguaxe oral: persoas con Trastornos de Espectro Autista (TEA) ou afasia, por exemplo, poden precisar mecanismos alternativos para a comunicación efectiva de ideas e desexos. Os taboleiros de comunicación permiten representar ideas e desexos mediante a selección de imaxes ou palabras dentro dun taboleiro que os agrupa, e son un mecanismo amplamente utilizado no ámbito persoal e educativo. Estes taboleiros, sen embargo, non son un recurso estático, senón que deben adaptarse ás circunstancias persoais do usuario. O obxectivo deste proxecto é o deseño dun taboleiro de comunicación para dispositivos móbiles Android que permita a expresión eficaz de ideas, e que facilite a personalización e a interacción entre usuarios. O sistema está orientado inicialmente a nenos e nenas con TEA, e incluirá funcionalidades que permitan aos pais/nais e profesores compartir información eficientemente. O compoñente principal será unha aplicación móbil, funcional en teléfonos e tabletas Android, que permita seleccionar pictogramas predefinidos, engadir pictogramas personalizados e editalos. A aplicación tamén permitirá combinar pictogramas e construir frases favoritas e taboleiros personalizados. Estes pictogramas e frases terán asociada unha categoría para poder ser atopados máis facilmente. A aplicación permitirá, ademais, elaborar calendarios de anticipación para facilitar a organización de tareas e actividades semanais. Tamén posibilitará, para o seu uso por parte de docentes, gardar a información de forma individualizada para diferentes nenos, e cambiar eficazmente de perfil. O sistema poderá funcionar de forma independente e offline para todas estas funcionalidades. Adicionalmente, desenvolveranse mecanismos que faciliten compartir información entre varias persoas que titoricen a un mesmo neno ou nena. Estes mecanismos incluirán funcionalidades de importación/ exportación de datos (frases/calendarios/taboleiros personalizados), que permitan a interacción entre usuarios sen necesidade dun servidor global. Tamén se desenvolverá un servidor web que permita o rexistro de usuarios e a vinculación entre usuarios, de forma que sexa posible gardar de forma compartida os datos asociados a un neno/nena e compartilos directamente a través de Internet.
dc.description.abstract[Abstract]: Effective communication is a central element in daily interaction between people, whether in personal and family settings or in educational/work environments. However, there are many circumstances that complicate interaction through spoken language: individuals with Autism Spectrum Disorders (ASD) or aphasia, for example, may need alternative mechanisms to effectively communicate their ideas and desires. Communication boards allow ideas and desires to be expressed through the selection of images or words inside a board that groups them, and they are a widely used tool in personal and educational contexts. These boards, however, are not static resources; they must be adapted to the personal circumstances of the user. The goal of this project is to design a communication board for Android mobile devices that enables effective expression of ideas and makes personalization and interaction easy between users. The system is initially targeted at children with ASD and will include features to allow parents and teachers to efficiently share information. The main component will be a mobile application, functional on Android phones and tablets, which will allow users to select predefined pictograms, add custom pictograms and edit them. The application will also allow combining pictograms to create favorite phrases and customized boards. These pictograms and phrases will be associated with categories to make them easier to find. Furthermore, the application will support the creation of anticipation calendars to help organize weekly tasks and activities. For teachers, the aplication will also allow individualized data storage for different children and the ability to switch profiles efficiently. All these features will be available offline and independently of any server. Additionally, mechanisms will be developed to facilitate information sharing among multiple tutors of the same child. These mechanisms will include data import/export functionalities (phrases/schedules/custom boards), enabling interaction between users without the need for a global server. A web server will also be developed to allow user registration and linking between users so that data associated with a child can be stored and shared online.
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIC). Enxeñaría Informática. Curso 2024/2025
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/2183/46227
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial 4.0 Internationalen
dc.rights.accessRightsopen access
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc/4.0/
dc.subjectAplicación Android
dc.subjectTrastorno do Espectro Autista
dc.subjectTaboleiro de pictogramas
dc.subjectCalendario de anticipación
dc.subjectKotlin
dc.subjectJava
dc.subjectSpring Boot
dc.subjectAndroid App
dc.subjectAutism Spectrum Disorder
dc.subjectPictogram board
dc.subjectAnticipation calendar
dc.titleTaboleiro de comunicación en Android para nenos e nenas con dificultades de comunicación
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication23354397-ec74-4cbb-93ac-f85352e9fbd8
relation.isAdvisorOfPublicatione09ccaa0-3a7f-4463-b6e7-db404361f097
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery23354397-ec74-4cbb-93ac-f85352e9fbd8

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
SampayoSande_Iago_TFG_2025.pdf
Size:
10.12 MB
Format:
Adobe Portable Document Format