A patria potestade e as consecuencias xurídico-civís nos supostos de violencia de xénero

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Vázquez Aguión, Rodrigo

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Este traballo ten como finalidade estudar a evolución normativa e xurisprudencial da violencia de xénero e a súa afección aos menores, sendo recoñecidos estes como vítimas directas da mesma. En primeiro lugar, faise unha revisión da figura patria potestade, analizando o seu exercicio e as distintas formas nas que pode cesar ou limitar esta figura, ca característica común de que será sempre en atención ao interese superior do menor. En segundo lugar, trátase o marco normativo, tanto nacional como internacional, da violencia de xénero, facendo especial referencia a violencia vicaria. Ademais, analízase a figura dos órganos xudiciais especializados en materia de violencia de xénero, atendendo á súa competencia e ao seu funcionamento. Así mesmo, estúdanse as medidas urxentes previstas no artigo 158 CC, a orde de protección e as medidas establecidas na Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Finalmente, analízase a incidencia da violencia de xénero no exercicio da patria potestade, podendo dar lugar á súa privación ou suspensión. Así mesmo, estúdanse as medidas civís vinculadas a esta situación, con especial énfase na atribución da garda e custodia e no establecemento do réxime de visitas.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.