Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/46649 Informe sobre usos lingüísticos no teatro galego
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Other responsabilities
Observatorio do Teatro Galego
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] Ao abeiro dun convenio de colaboración para actuacións en materia de
normalización lingüística entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
e a Universidade da Coruña, en 2022 iniciouse un proceso masivo de enquisas ás
persoas que integran os diferentes sectores envolvidos na creación, distribución e
recepción da produción espectacular galega. Dos cinco sectores inicialmente
estabelecidos -dramaturg@s, intérpretes, director@s, programador@s e público-,
unicamente puideron ser inquiridos os catro primeiros, visto que non resultou
factíbel a recolla da opinións das e dos espectadores cos medios do Grupo ILLA da
UDC e a Academia Galega de Teatro.
Este ambicioso inquérito estendeuse até inicios do ano 2024 e foi realizado
maioritariamente por vía telefónica -se ben tamén se recolleu información por
correo electrónico. Esta función foi asumida polas bolseiras Fátima Novo Díaz,
Marta Torrado Carollo e Romina Pereira Trillo, ás que se sumou o tamén bolseiro
Óscar Pérez Vila -quen se encargou do deseño da aplicación de procesado dos
resultados. Elas propias coadxuvaron no deseño das preguntas, nun proceso
supervisado polo coordinador e o asesor de contidos do Observatorio
-respectivamente, Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes e Francisco Oti Ríos.
Description
Editor version
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International








