Abstracción e mito. Traxectos de Rafael Dieste por tres continentes e dúas guerras (1917-1936)

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Casas, Arturo

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Viaxes e construción do pensamento, 2011: 257-275. ISBN: 84-9749-506-6

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Na produción textual de Rafael Dieste non se dá un correlato directo entre as experiencias da viaxe e o mundo referido nos relatos, ensaios ou pezas dramáticas. Isto é así malia o feito biográfico de que o autor foi un dos escritores da súa xeración que máis viaxou. Entre a emigración a México en 1917 e a sublevación militar de 1936, Dieste percorreu distintas xeografías en América, África e Europa. Participou ademais, desde 1933, no programa das Misións Pedagóxicas, alicerzado na itinerancia dos intelectuais mozos para procurar unha interacción social e cultural que integrase o campesiñado na cidadanía republicana e o liberase da dominación histórica padecida. Dieste non relatou directamente estes periplos e regresos pero si os integrou na súa obra literaria mediante o recurso ao mito e a diversos procedementos de abstracción formal, cun operativo temático-tropolóxico que puxo en práctica con especial rendemento n’A fiestra valdeira a propósito de certos debates estéticos, culturais e sociais nos que participou en primeira liña nos anos 20

Description

Editor version

Rights