A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe-Servizo en Terapia Ocupacional

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Pousada García, Thais (2018). A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe-Servizo en Terapia Ocupacional. Póster presentado en: II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 407-409). En: E. de la Torre Fernández, (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Os/as alumnos/as de 3º do Grao en Terapia Ocupacional (cursos 2015/2016 e 2016/2017), participaron en actividades para a promoción do deporte inclusivo, baixo a temática de “solidariedade e cooperación” (concienciación, difusión e intervención cívica). A iniciativa parte da entidade Fundación Abrente, no Club Deportivo Inclusivo ENKI. Obxectivos do servizo:  Transformar a actitude dos xoves e poboación xeral ante a discapacidade.  Dar difusión e fomentar a práctica de deportes adaptados, de xeito inclusivo.  Fomentar a consciencia ante a diversidade funcional.  Recoñecer os logros e as dificultades superables. Metodoloxía: Propuxéronse tres tipos de actividades: escolas deportivas inclusivas, sensibilización sobre deporte adaptado en centros educativos, e sesións de adestramento para deportistas con diversidade. Os principais actores foron: estudantes de TO (n= 85), deportistas (3) e representantes do Club ENKI (3). Os destinatarios do servizo foron persoas con diversidade funcional, nenos/as e profesores de centros educativos de primaria e secundaria (1523 participantes en 21 centros). Resultados: Con esta experiencia pretendeuse que os estudantes se achegasen á realidade, desde a perspectiva da TO, aplicando unha observación consciente, reflexiva e práctica, complementado coa adquisición de competencias profesionais. A satisfacción de todas as partes demóstrase coas súas testemuñas, participación activa, e repercusións nas redes. Conclusións: Destácanse os beneficios para estudantes de TO (no tanto que se facilita a integración da teoría na práctica e adquisición de competencias profesionais), e para os destinatarios, xa que se consegue unha auténtica proposta de sensibilización, promovendo a inclusión e igualdade de oportunidades para todos/as, neste caso, a través do deporte

Description

Editor version

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España