Integrando a linguaxe inclusiva no currículo universitario: un caso de estudo no Grao en Inglés da UDC

Bibliographic citation

Ramos, L., de Moura, J., Buján, J. N., & Hortas, M. O. (2023). Integrando a linguaxe inclusiva no currículo universitario: un caso de estudo no Grao en Inglés da UDC. In Epistemoloxías feministas en acción: VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero (pp. 31-39). Servizo de Publicacións.

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo]: Neste estudo, proponse unha actividade de innovación docente no contexto da materia Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) do Grao en Inglés da Universidade da Coruña (UDC), co obxectivo de promover e facilitar o desenvolvemento de competencias en linguaxe inclusiva e non sexista entre o estudantado. A actividade consiste na creación dun documento de texto en formato Open Document Text (ODT) formatado usando estilos en LibreOffice Writer, a partir dun conxunto de contidos sen formato e recursos relacionados coa linguaxe inclusiva. Esta proposta busca que o alumnado reflexione sobre o uso actual da linguaxe na sociedade, identifique contidos sexistas e comprenda as súas implicacións. Ademais, preténdese que os estudantes aprendan estratexias para un uso non sexista da linguaxe, tanto no plano gramatical como no discursivo. Para avaliar a percepción do estudantado respecto ao uso da linguaxe inclusiva, realizouse un estudo previo mediante unha enquisa anónima. Os resultados desta enquisa servirán como base para a implementación e mellora da actividade proposta. A través dun enfoque activo e participativo, o estudo busca fomentar a concienciación sobre a importancia da linguaxe inclusiva e desenvolver habilidades prácticas no manexo de ferramentas de procesado de texto, contribuíndo así ao avance cara unha sociedade máis igualitaria e inclusiva.

Description

Inclúese tamén a presentación realizada nas xornadas.

Rights

© Universidade de Vigo, 2023 © Universidade da Coruña, 2023 © Universidade de Santiago de Compostela, 2023