Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/37297 Micro Flip Teaching na materia “Bases para a interpretación do coñecemento científico” de 1º de Grao de Enfermaría
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Freijomil Vázquez, C., Movilla-Fernández, M. J. (2020). Micro Flip Teaching na materia “Bases para a interpretación do coñecemento científico” de 1º de Grao de Enfermaría. Contextos Universitarios Transformadores: Boas prácticas no marco dos GID. IV Xornadas de Innovación Docente. Universidade da Coruña. pp 489-492
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] Deséñase un Proxecto de Innovación Docente para o bloque de investigación cualitativa (2 ECTS) da materia “Bases para a interpretación do coñecemento científico” de 1º de Grao en Enfermaría, que establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o alumnado para ser consumidor crítico de información científica no ámbito das Ciencias da Saúde. A técnica empregada será o Micro Flip Teaching.
Obxectivos da proposta:
• Aumentar o protagonismo e a participación do estudantado na aula.
• Incrementar a interacción e cooperación entre alumnos/as. Traballo na casa: Asistencia á sesión maxistral desde casa. Estarán dispoñibles en Moodle vídeos gravados polo profesorado unha semana antes das clases presenciais. Cada vídeo, de 10 minutos, abordará un tema de forma gráfica e clara. Para asegurar a asistencia en liña, activaranse dúas actividades de carácter obrigatorio: un foro para que cada alumno/a redacte un comentario coas súas reflexións/dúbidas e un cuestionario para comprobar que comprendeu o contido. Traballo presencial: Contarase con 7 clases de 1 h coa totalidade do alumnado (60 persoas), e 3 seminarios de 1 h (grupos medianos de 20 persoas) despois de cada sesión conxunta. Organización:
• 1 h coa totalidade do alumnado: Debate tendo en conta o resultado dos cuestionarios e os comentarios do foro. Isto facilitará a nivelación de coñecementos.
• 3 seminarios de 1 h: 20 persoas en cada seminario organizadas en 4 grupos, que traballarán en actividades relacionados con cada tema, obtendo finalmente un proxecto de investigación, que será presentado oralmente durante o último seminario e avaliado (30% da nota final).
Description
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España







