Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/22702 Estudo de idoneidade de diferentes linguaxes de programación na aprendizaxe en Programación do Grao de Enxeñaría Informática
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Castro Martínez, Alfonso; Arcay Varela, Bernardino; Bóveda Álvarez, María del Carmen (2019): Estudo de idoneidade de diferentes linguaxes de programación na aprendizaxe en Programación do Grao de Enxeñaría Informática. Póster presentado en III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 481-482).En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] A materia de Programación forma parte do módulo de formación básica do Grao en Informática, o obxectivo desta materia é ensinar ao alumno a crear modelos computacionais de problemas do mundo real, a realización desta labor faise empregando unha linguaxe de programación. A linguaxe de programación empregada na materia para ensinar os alumnos é un elemento fundamental e crítico, xa que dependendo das súas características vai ser máis doado ou complicado acadar as competencias para o alumno: detección de erros, escritura dos programas, entorno de desenvolvemento (IDE), ... Unha mostra disto é que se emprega a mesma linguaxe desde a creación da Facultade de Informática (FIC). Está non é un tarefa trivial debido a que non tódalas linguaxes están deseñadas seguindo o mesmo paradigma de programación, algunhas son case experimentais mentres outras son de uso case exclusivamente comercial, hai linguaxes que non teñen compilador “propio”, ... Neste traballo se presentan o resultado da análise de diferentes linguaxes que compren coas características necesarias, como se indicou anteriormente, para o seu uso na docencia da materia, valorando a súa idoneidade nas características máis importantes desde un punto de vista docente. As linguaxes que observouse que as cumprían foron: C/C++, C#, Python, Java, Ada, Go, Dart, Pascal, Fortran, Haskell, Scala, Nim, D e Kotlin.
Description
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España







