Mellora no sistema de abastecemento municipal no Concello de Santa Comba

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Quintela Vázquez, Juan Domingo

Advisors

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo:] O sistema municipal de abastecemento do Concello de Santa Comba está constituído por tres zonas de abastecemento que sofren diferentes problemáticas: • ZA Santa Comba: é a única das tres zonas de abastecemento que está xestionada de xeito indirecto. Existe unha única captación de auga, situada no río Abuín, desde onde se conduce a auga ata a ETAP de mesmo nome. Dispón de dous depósitos de cabeceira: depósito Novo (840 m³) e depósito Vello (509 m³). Historicamente esta ZA tivo problemas de turbidez en períodos de choivas intensas e de escaseza de auga en época estival. Actualmente a demanda da poboación supera a capacidade de tratamento da ETAP. Esta falta de capacidade non permite afrontar situacións adversas de choivas intensas, cando a calidade do río Abuín empeora, xa que ao introducir máis caudal na instalación fai que o tempo de retención da auga diminúa e non se consiga a calidade óptima. • ZA Padreiro: conta con unha captación no río Xallas con pozos filtrantes. A auga é dirixida a un depósito de 200 m3 mediante un bombeo de 5 l/s. No depósito a auga fíltrase e clórase. A auga desta ZA ten problemas puntuais, pero con certa reiteración, de turbidez e perda de propiedades organolépticas nos puntos de consumo. Estes problemas están vinculados a traballos agrícolas ou forestais. • ZA San Cristóbal de Mallón: dispón dunha captación no río García, conducíndose posteriormente a auga ata o depósito, de 500 m3, onde se filtra e se clora. Nesta ZA a auga sofre os mesmo problemas de turbidez e perda de propiedades organolépticas que na ZA Padreiro, aínda que con menor frecuencia e importancia. Este proxecto baséase no aproveitamento da captación da ZA Padreiro sustituíndo as bombas bombas actuais por outras que poidan aportar maior caudal, a construción dunha nova ETAP ubicada anexa ao depósito da ZA Padreiro, e na conexión de tódolos depósitos e a captación ca ETAP mediante tubaxes de PEAD de distinto diámetro. A lonxitude total de tódalas conduccións supera os 20 km de lonxitude. A instalacións das tubaxes farase mediante gabia, perforación horizontal dirixida e tubaxes grapadas. A reposcións seran de estradas bituminosas con diferentes seccións de firmes, baldosa hidráulica e terreo natural. A nova ETAP dispoñerá dun decantador lamelar, dous filtros de area e un pequeño depósito desde o cal se trasladará a auga depurada aos depósitos de distribución, ben sexa mediante bombeo ou por gravidade.

Description

Editor version

Rights

|Atribución-NoComercial-SinDerivadas
|Atribución-NoComercial-SinDerivadas

Except where otherwise noted, this item's license is described as |Atribución-NoComercial-SinDerivadas