Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/46431 Sensores luminiscentes para el estudio de modificaciones post-traduccionales
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Abstract
[Resumo] As modificacións post-traducionais (MPTs) das proteínas son transformacións covalentes das cadeas laterais dos aminoácidos cuxo orixe pode ser encimático ou non encimático. Moitas delas están implicadas na regulación dos procesos celulares fundamentais e exemplo do primeiro tipo atopamos a fosforilación moi relacionada con diversas enfermidades como o cancro. A S-nitrosilación, a glutationilación da cisteína, a nitración ou a haloxenación da tirosina teñen orixe non encimático e prodúcense naquelas proteínas expostas a diferentes situacións como, entre moitas outras, o estrés oxidativo. Neste traballo deséñase un posible sensor para monitorizar a haloxenación que consta dun metalopéptido de Ln(III) no que o residuo de tirosina actúa de ’antena’ e analito. Para entender os estados da sonda sintetízanse a versión bromada e non bromada e caracterízanse. Finalmente, estúdase a capacidade do sensor de responder a condicións de bromación. Os resultados indican que unha relación adecuada entre os equivalentes do metalopéptido e dos reactivos NaBr e NaOCl permiten a bromación da tirosina ao actuar o NaOCl como axente oxidante forte producindo, a partir do Br, unha especie electrófila e bromante. Por outra parte, os experimentos de luminescencia dan idea das boas propiedades ópticas deste metalopéptido mediante as cales, eliminando o efecto quenching do NaOCl, se monitoriza a bromación da tirosina ao observar unha diminución na fluorescencia e, consecuentemente, fosforescencia concordante coa menor eficiencia da ’antena’ bromada na transferencia de enerxía ao ión metálico.
[Abstract] Post-translational modifications (PMTs) of proteins are covalent tranformations of the amino acid side chains whose origin can be enzymatic or non enzymatic. Many of them are involved in regulation of fundamental cellular processes, and an example of the first type is phosphorylation, which is closely related to various diseases such as cancer. S-nitrosilation, cystein glutathionylation, tyrosine nitration or halogenation have an non enzymatic origin and occur in those proteins exposed to different conditions such as, among many others, oxidative stress. In this work, a potential sensor is designed to monitor halogenation consisting of an Ln(III) metallopeptide in which tyrosine residue acts as ’antenna’ and analyte. To understand the states of the probe, both the non bromated and bromated versions are synthesized and characterized. Finally, the sensor’s ability to respond to bromination conditions is studied. The results indicate that an appropriate ratio between the equivalents of the metallopeptide and the reagents NaBr and NaOCl allows the bromination of tyrosine with NaOCl acting as a strong oxidizing agent producing, from Br, an electrophilic and brominating specie. On the other hand, luminescent studies give an idea of the good optical properties of this metallopeptide, through which, by eliminating the quenching effect of NaOCl, tyrosine bromination is monitored by observing a decrease in fluorescence and, consequently, phosphorescence consistent with the reduced efficiency of the brominated ’antenna’ in transferring energy to the metal ion.
Description
Editor version
Rights
Attribution 4.0 International
Collections

Except where otherwise noted, this item's license is described as Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.






