Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/49837 A intelixencia artificial aplicada á elaboración do informe psicopedagóxico
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Fernández Rego, Esther
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resume] O presente TFM ten como obxectivos contrastar os resultados do informe psicopedagóxico proporcionado pola Intelixencia Artificial Xenerativa (ChatGPT) co elaborado de xeito tradicional, así como adquirir as ferramentas precisas para interactuar dun xeito ético e eficaz. A partir dos resultados, preténdese reflexionar sobre as vantaxes e desvantaxes da Intelixencia Artificial no ámbito da educación á hora de promover unha práctica educativa inclusiva, equitativa e de calidade, analizando as posibilidades para enriquecer a experiencia e labor docente, proporcionando ferramentas que permitan un enfoque máis eficiente e dinámico. Pero tamén se analizarán aqueles aspectos éticos, pedagóxicos e sociais que afecten á protección de datos, ao risco de deshumanización da aprendizaxe e a fenda dixital nos contextos socioeconómicos. Inicialmente, levouse a cabo una revisión bibliográfica que estableceu as bases teóricas e normativas empregadas neste traballo e que serviron para contrastar cos apartados establecidos no marco teórico, na metodoloxía de investigación, na metodoloxía de traballo e nas conclusións. Desde o punto de vista da metodoloxía de investigación, optouse por un traballo de laboratorio cun proceso de tipo experimental xunto cunha análise cualitativa, baseada na compilación e análise de contido do informe psicopedagóxico proporcionado polo ChatGPT e o elaborado de xeito tradicional. Ademais, explicouse a metodoloxía de interacción (prompts) e de diálogo co ChatGPT. Os resultados obtidos axudarán a facer visible as achegas da Intelixencia Artificial aos informes psicopedagóxicos así como a identificar os riscos e déficits desta ferramenta. Observando a capacidade do ChatGPT para xerar respostas precisas así como a súa capacidade para aprender de forma continua e adaptarse a diferentes usuarios e contextos pero tamén sendo consciente que o esta tecnoloxía pode producir respostas inexactas e alucinacións debido á natureza limitada do seu adestramento, perpetuando sesgos culturais e lingüísticos, prexuízos e desigualdades.
Description
Editor version
Rights
Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.






