Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/45914 Aradia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Pereira Seda, Lúa
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] “Aradia” é un proxecto de animación 2D que nace coa intención de desenvolver un take animado enchoupado nunha estética visual orixinal e atractiva. O proceso recompilaranse nunha reel profesional que reflicta un enfoque artístico e moi persoal. Este proxecto construíuse a través dun proceso continuo de iteracións, combinando a creación da idea narrativa, o deseño da personaxe, a elección do estilo visual e a incorporación de novas ferramentas e técnicas de animación. Cabe destacar que este TFG abarcou varias etapas clave do proceso creativo e técnico da animación, nas cales se fixo uso do programa Toon Boom Harmony 24. Partindo dunha busca de referencias e unha fase de arte conceptual, exploráronse diferentes ideas que permitiron definir o estilo visual que guiou a estética do proxecto, e posteriormente, o desenvolvemento e deseño de personaxes para o mesmo. Unha vez rematada esta etapa, levouse a cabo unha fase de aprendizaxe e aplicación de técnicas de animación 2D en Toon Boom Harmony, para finalmente darlle vida a personaxe creada e montar unha reel que demostrou os resultados do estudo previo realizado neste TFG.
Description
Editor version
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International






