Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/26391 Se me preguntas que é violencia: unha guía feminista
para previr e actuar
contra as violencias
machistas nas asociacións
de estudantes
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] Ás veces temos un falso espellismo de igualdade que
nos fai tratar as violencias machistas como algo singular,
centrado só nas mulleres que están nestas situacións,
reducidas ademais a vítimas. Así, en poucas ocasións se
vai á raíz do problema, que require un cambio do sistema
social. Nós somos parte dunha sociedade patriarcal
e, polo tanto, tamén nos grupos en que estamos hai machismo.
Esta guía é un pulo para introducir a perspectiva
feminista no funcionamento das organizacións estudantís
da Universidade da Coruña. Con esta proposta a Vicerreitoría
de Igualdade, Cultura e Deportes e a Oficina
para a Igualdade de Xénero pretendemos achegar un
medio para que o estudantado se implique na loita pola
igualdade de forma directa. Este documento inscríbese
dentro das accións subvencionadas polo Pacto de Estado
e do II Plan de Igualdade da Universidade da Coruña,
concretamente no eixe de «Prevención e intervención
fronte á violencia machista».
Cada apartado recolle preguntas para afondar no funcionamento
do colectivo estudantil e, a continuación,
ofrece boas prácticas e ferramentas feministas para
experimentar en cada área do grupo. Este debe ser un
labor constante para desaprender a desigualdade que
reproducimos... mesmo de xeito inconsciente! Ao final
do documento tamén se inclúe unha enquisa que se
difundiu entre os colectivos de estudantes da UDC. Utilizamos
os resultados desta ferramenta para validar os contidos da guía. Pensamos que pode resultarvos útil para
avaliar como traballa a vosa asociación.
Desde a Oficina para a Igualdade de Xénero consideramos
que a forma máis eficaz de previr as violencias machistas é
mudar as relacións que manteñen as mulleres e as persoas
non binarias e non normativas subordinadas. Non hai unha
resposta única, unha forma de facer.
Esta guía é unha ferramenta que esperamos sexa de utilidade
para que os colectivos de estudantes sexan lugares de
bo trato para todas as persoas que queren participar neles
Description
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 internacional








