Aplicación Web Java de xestión dunha clínica
| UDC.coleccion | Traballos académicos | |
| UDC.tipotrab | TFG | |
| UDC.titulacion | Grao en Enxeñaría Informática | |
| dc.contributor.advisor | Losada, José | |
| dc.contributor.author | Calvo Ces, Nerea | |
| dc.contributor.other | Universidade da Coruña. Facultade de Informática | |
| dc.date.accessioned | 2025-11-06T11:27:32Z | |
| dc.date.available | 2025-11-06T11:27:32Z | |
| dc.date.issued | 2025-09 | |
| dc.description.abstract | [Resumo]: Nun mundo que está cada vez máis dixitalizado, a introdución e a mellora das tecnoloxías no ámbito da saúde son cada vez máis necesarias, principalmente para axilizar os procesos e ofrecerlle aos pacientes unha atención máis eficiente e accesible. Coa integración das tecnoloxías permítese afrontar os principais retos que existen actualmente: reducir os tempos de espera, axilizar os procesos administrativos e mellorar así a calidade de atención ao paciente. O sector da saúde precisa de solucións que permitan tanto a pacientes como persoal sanitario xestionar e acceder a información médica de forma rápida, segura e remota, evitando así desprazamentos innecesarios aos centros de saúde para calquera tarefa administrativa como a xestión de citas ou a consulta do historial médico. Por esta razón, este traballo de fin de grao aborda un dos elementos esenciais na modernización do sector sanitario: a xestión dunha clínica mediante unha solución dixital. O traballo baséase na análise, deseño e implementación dunha aplicación web que cobre as principais necesidades tanto dos pacientes como do persoal sanitario. Con esta aplicación, os pacientes poderán solicitar, cancelar e mesmo modificar as súas citas médicas, cada unha delas asociada a un médico e a unha especialidade. Así os pacientes poderán consultar a súa planificación médica, evitando que se esquezan da hora ou data, algo que ocorre frecuentemente. Ademais, poderán acceder ao seu historial médico, onde terán unha visión organizada dos seus diagnósticos, informes e receitas. Tamén terán dispoñible unha tarxeta sanitaria virtual. Por outro lado, o persoal sanitario poderá xestionar as citas que lles corresponden (cancelalas ou modificalas). Poderán consultar unha vista xeral da súa axenda, acceder ao historial médico dos pacientes e rexistrar información de cada consulta. Isto inclúe a creación de informes médicos, diagnósticos e receitas. Este traballo terá en conta que os datos persoais no ámbito sanitario deben considerarse como datos sensibles e especialmente protexidos. Para a implementación empregouse Java como linguaxe para o backend, xunto coas tecnoloxías Spring Boot e Hibernate como provedor Java Persistence API (JPA) para a xestión da persistencia de datos. Para o frontend empregouse JavaScript, HyperText Markup Language (HTML), Cascading Style Sheets (CSS) e o framework Bootstrap. Por último, para o desenvolvemento do proxecto empregouse a metodoloxía áxil Scrum. Esta metodoloxía permite dividir o proxecto en pequenas tarefas, chamadas sprints, que se van realizando e validando de forma iterativa. | |
| dc.description.abstract | [Abstract]: In a world that is increasingly digitalized, the introduction and improvement of technologies in the healthcare field are becoming more and more necessary, mainly to streamline processes and offer patients more efficient and accessible care. The integration of technologies allows addressing the main current challenges: reducing waiting times, speeding up administrative processes, and thus improving the quality of patient care. The healthcare sector requires solutions that enable both patients and healthcare staff to manage and access medical information quickly, securely, and remotely, thereby avoiding unnecessary trips to health centers for any administrative task such as appointment management or medical history consultation. For this reason, this Final Degree Project addresses one of the essential elements in the modernization of the healthcare sector: the management of a clinic through a digital solution. The project is based on the analysis, design, and implementation of a web application that covers the main needs of both patients and healthcare personnel. With this application, patients will be able to request, cancel, and even modify their medical appointments, each associated with a doctor and a specialty. This way, patients can check their appointments, avoiding forgetting the date or time, which frequently occurs. In addition, patients can access their medical history, where they will have an organized view of their diagnoses, reports, and prescriptions. They will also have access to a virtual health card. On the other hand, healthcare personnel will be able to manage their appointments (cancel or modify them). They can consult an overview of their schedule, access patients’ medical histories, and record information from each consultation. This includes creating medical reports, diagnoses, and prescriptions. This project will take into account that personal data in the healthcare field must be considered sensitive and especially protected. For the implementation, Java was used as the backend programming language, along with the technologies Spring Boot and Hibernate. For the frontend, JavaScript, HTML, CSS, and the Bootstrap framework were used. Finally, the project development employed the Agile Scrum methodology. This methodology allows dividing the project into small tasks, called sprints, which are carried out and validated iteratively. | |
| dc.description.traballos | Traballo fin de grao (UDC.FIC). Enxeñaría Informática. Curso 2024/2025 | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/2183/46315 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.rights | Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International | en |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Xestión sanitaria | |
| dc.subject | Aplicación web | |
| dc.subject | Citas médicas | |
| dc.subject | Pacientes | |
| dc.subject | Historial médico | |
| dc.subject | Spring Boot | |
| dc.subject | Bootstrap | |
| dc.subject | JavaScript | |
| dc.subject | Thymeleaf | |
| dc.subject | Healthcare management | |
| dc.subject | Web application | |
| dc.subject | Medical appointments | |
| dc.subject | Patients | |
| dc.subject | Medical History | |
| dc.title | Aplicación Web Java de xestión dunha clínica | |
| dc.type | bachelor thesis | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | 400c236a-710a-4526-b9f3-f496a36ccfe0 | |
| relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery | 400c236a-710a-4526-b9f3-f496a36ccfe0 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- CalvoCes_Nerea_TFG_2025.pdf
- Size:
- 7.25 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format

