O modelado e a simulación como recursos para a aprendizaxe

Bibliographic citation

Castro, Paula M.; Dapena, Adriana; Pereira-Sáez, María J.; Vazquez-Araujo, Francisco J. (2018). O modelado e a simulación como recursos para a aprendizaxe. Póster presentado en: II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 394-396). En: E. de la Torre Fernández, (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] A combinación da aprendizaxe visual e conceptual é máis efectiva que o modelo tradicional de aprendizaxe, onde as definicións, os teoremas, as demostracións ou os exercicios se presentan nas clases dun xeito exclusivamente teórico o que, en moitas ocasións, pode estar totalmente afastado da realidade dun alumnado que vive na sociedade tecnolóxica do século XXI. No noso plantexamento metodolóxico mantemos as sesións maxistrais para a explicación dos conceptos teóricos, pero introducimos o modelado e a simulación no desenvolvemento das sesións prácticas correspondentes. Neste traballo imos centrarnos en temáticas da Xeometría e da Álxebra Lineais vencelladas con diversas titulacións universitarias da rama da Enxeñaría e Arquitectura. A primeira experiencia que amosamos é realizada cun grupo de estudantes de primeiro curso de Enxeñaría Informática. Nela, as sesións prácticas focalízanse na aplicación, empregando simulación, dos contidos teóricos de grafos para a análise de algoritmos de encamiñamento en redes sen fíos. Na segunda proposta partimos de modelos realizados con ferramentas de Deseño Asistido por Computador (CAD, do inglés Computer-Aided Design) e plantexamos situacións familiares para o estudante. A partir delas, deberá pór en práctica os conceptos matemáticos adquiridos nas clases maxistrais e ser quen de resolver con éxito estas aplicacións prácticas da vida cotiá que, sen dúbida, incrementarán a súa motivación facilitando deste xeito unha asimilación máis razoada e persistente dos contidos. Entre esas situacións que presentamos ao estudante atópase o control dun dron para evitar colisións. Este exemplo emprégase para o estudo da posición relativa de esferas con respecto a un hiperboloide

Description

Editor version

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España