A lectura interactiva de contos como inicio á alfabetización emerxente en un neno que necesita un sistema de Comunicación Aumentativa e Alternativa

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Vázquez Cortizo, María

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da Educación

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Este traballo tivo como obxectivo o deseño dun programa de intervención para a ensinanza da alfabetización emerxente en un alumno de 7 anos de idade diagnosticado cunha agenesia do corpo calloso que ten como consecuencia graves trastornos da linguaxe oral e dificultades a nivel motor, polo que precisará dun sistema de Comunicación Aumentativo e Alternativo. A través da lectura conxunta de contos preténdese que o alumno se inicie na comprensión e uso dos símbolos pictográficos como recurso de comunicación alternativo e acceso á alfabetización. Para isto foi necesario levar a cabo unha adaptación de un conto que lle proporcionase a oportunidade de participar nas actividades de lectura. A partir dunha avaliación inicial, na que se comproba o nivel lector do alumno e as súas necesidades comunicativas, formúlase unha proposta didáctica que se levará a cabo con materiais acordes ás súas características. Esta proposta xira en torno á lectura interactiva de contos adaptados e á posta en práctica de actividades coas que se comprobe o nivel de comprensión dos símbolos. Con este programa de intervención preténdese que o alumno teña a oportunidade de participar en actividades alfabetizadas á vez que se leva a cabo unha estimulación da linguaxe asistida por medio da lectura conxunta.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido