Desenvolvemento de ferramentas avanzadas de dixitalización e edición gráfica con OpenLayers

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Manteiga Seoane, Óscar Alejandro

Advisors

Rodríguez Castro, Sergio

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Informática

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo]: Na actualidade hai dispoñibles diferentes tecnoloxías que nos permiten realizar a dixitalización e edición de obxectos xeográficos, típicamente con programas de escritorio. Son coñecidos como Sistemas de Información Xeográfica (SIX), e integran todo tipo de tecnoloxías para a visualización, edición, dixitalización, análise, etc. O exemplo máis importante na actualidade sería QGIS (de código aberto e gratuito), aínda que existe outro conxunto de programas e ferramentas moi usado chamado ArcGIS (propiedade de Esri e de alto custo). Por outro lado temos aos visores web, que son librarías de JavaScript (xa que é a linguaxe máis empregada para desenvolvemento web) que teñen como obxectivo a visualización de mapas interactivos en conxunto con datos xeográficos. Os dous máis importantes son Open-Layers e Leaflet, que son de código aberto e gratuitos. Por separado, ambos tipos de ferramentas son moi útiles e amplamente usadas, pero non dispoñemos de visores web que teñan un conxunto de ferramentas o suficientemente potentes para realizar dixitalizacións e edicións de datos xeográficos. O obxectivo deste proxecto é, polo tanto, o desenvolvemento dun conxunto ampliado de ferramentas e axudas de dixitalización e edición gráfica en OpenLayers, para mellorar as capacidades de creación e manipulación de obxectos xeográficos vectoriais. Como resultado, búscase ter unha libraría extendida de OpenLayers que manteña as características desta tecnoloxía combinadas coas funcionalidades principais dos SIX. Para alcanzar este obxectivo, leváronse a cabo varias fases. Nun primeiro lugar, realizouse unha análise das capacidades de OpenLayers para identificar áreas de mellora e revisáronse outras tecnoloxías de manexo de datos xeográficos, como Leaflet, QGIS ou JTS. A segunda fase consistiu no desenvolvemento dunha libraría coas novas ferramentas e dun visor web onde poder ensinalas e comprobar o seu correcto funcionamento. Na terceira e última fase, despregouse a aplicación web en Netlify e realizáronse probas para asegurar a funcionalidade e eficacia de todo o implementado. As tecnoloxías empregadas durante o desenvolvemento foron todas de código aberto: React e TypeScript para a realización tanto do aplicativo web como da libraría, OpenLayers como visor de mapas, e HTML en conxunto con CSS para dar estrutura e estilos á aplicación web. Todo este proxecto xestionouse empregando Redmine xunto cunha metodoloxía iterativa e incremental típica no desenvolvemento de software.
[Abstract]: Currently, various technologies are available that allow us to perform the digitization and editing of geographic objects, typically with desktop programs. These are known as Geographic Information Systems (GIS), and they integrate all kinds of technologies for visualization, editing, digitization, analysis, etc. The most important example today would be QGIS (open source and free), although there is another widely used set of programs and tools called ArcGIS (owned by Esri and with a high cost). On the other hand, we have web viewers, which are JavaScript libraries (since it is the most used language for web development) that aim to display interactive maps together with geographic data. The two most important are OpenLayers and Leaflet, which are open source and free. Separately, both types of tools are very useful and widely used, but we do not have web viewers that have a set of tools powerful enough to perform digitizations and edits of geographic data. The objective of this project is, therefore, the development of an expanded set of tools and aids for digitization and graphic editing in OpenLayers, to improve the capabilities of creation and manipulation of vector geographic objects. As a result, it is sought to have an extended OpenLayers library that maintains the characteristics of this technology combined with the main functionalities of GIS. To achieve this objective, several phases were carried out. First, an analysis of OpenLayers’ capabilities was carried out to identify areas for improvement and other technologies for handling geographic data, such as Leaflet, QGIS or JTS, were reviewed. The second phase consisted of the development of a library with the new tools and a web viewer where they could be displayed and their correct operation verified. In the third and final phase, the web application was deployed on Netlify and tests were carried out to ensure the functionality and effectiveness of everything implemented. The technologies used during development were all open source: React and TypeScript for the implementation of both the web application and the library, OpenLayers as a map viewer, and HTML together with CSS to give structure and styles to the web application. This entire project was managed using Redmine along with an iterative and incremental methodology typical in software development.

Description

Editor version

Rights

Todos os dereitos reservados. Neste caso prohíbese a reprodución, transformación, distribución e comunicación pública da obra por terceiros. En cambio, permítese a visualización e descarga dunha copia privada para o seu uso persoal.