Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/48764 Creación de empresas e iniciativa emprendedora. Elaboración dun plan de empresa
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Salvadores Aristegui, José
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo executivo] Como se adaptaron os sectores máis castigados pola crise da covid? Os sectores máis afectados por esta recente crise son a hostalaría, o comercio, o turismo e a automoción. As solucións non valen para todos estes sectores, pero as empresas que se están a recuperar é porque empregan ferramentas como a dixitalización e a venta online. Que se debe facer no sector da hostalaría para asegurar a continuidade do negocio? A hostalaría veu como no último ano pecharon 100.000 establecementos e se perderon 300.000 empregos. O camiño para a supervivencia no sector pasa pola dixitalización, que supón maior eficiencia e diferenciación respecto a competencia. Os locais hostaleiros poden diversificarse ao ofrecer comida para levar ou un servizo a domicilio. Cales son as tendencias gastronómicas actuais? O 25 % dos consumidores europeos modificaron a súa dieta nos últimos 3 anos, para enfocar as súas prioridades na saúde e a sostibilidade. As algas, sostibles e ricas en nutrientes como minerais, antioxidantes, calcio e vitaminas, son consideradas como un dos alimentos do futuro. O veganismo é unha tendencia que leva anos presente, pero estamos vendo como agora gaña mais forza. Ademais dos motivos morais e de saúde, tamén se está a incrementar o número de adeptos polo feito do impacto ambiental que ten a carne. Prevese que o mercado global da comida vegana medre a unha taxa do 9 % entre 2021 e 2026. En canto a alimentos concretos, algúns dos que van a gañar forza nos fogares e restaurantes en 2021 son: xenxibre, chocolate, polo, carne vexetal, jackfruit e bols. En consecuencia do auxe da comida para levar e a domicilio, tamén se está a incrementar a preocupación polos envases nos que se serve, que deben ser biodegradables e reutilizables. En que consiste Pick & Poke? Pick & Poke consiste nun negocio de comida para levar cun pequeno aforo para comer no local. Empregando a nosa app ou ben achegándose aos puntos de cobro automáticos do local os nosos clientes poden encargar e pagar o seu pedido, sen contacto social. Os pratos que servimos son os pokes: unha elaboración hawaiana que consiste nunha base de arroz/quinoa e pescado cru/tofu combinados con verduras, froitas, sementes e froitos secos. Como gañaremos diñeiro? Localizándonos nunha rúa moi transitada de Santiago de Compostela, a rúa do Franco é un punto de paso constante tanto de universitarios coma de turistas. Na zona vella desta cidade xa son coñecidos os pokes, ao contar con 4 locais máis que os serven pero que, sen embargo, non están especializados neste prato. O que buscamos é dar un servizo de comida para levar rápido e eficiente, combinando as novas tecnoloxías da nosa app e dos puntos de venta automáticos, co feito de que os pokes son un prato dunha elaboración rápida por servirse fríos ou crús todos os seus ingredientes (previamente cortados e preparados). En canto tempo se chegará ao punto morto? Que resultados económicos obteremos? A previsión é que o primeiro ano o proxecto manterase por debaixo do punto morto, xa que terá perdas. Dende o segundo ano xa se logra superar o punto morto e haberá beneficios, que medrarán de 4.769,32 € no segundo ano a 44.634,35 e no quinto ano. Cal é o equipo necesario para levalo a cabo? Para levar a cabo a proxecto, o equipo humano que precisamos é un cociñeiro e un axudante de cociña, ademais da dedicación dos dous socios fundadores. A vantaxe de ter un punto de venta automático é que o persoal pode dedicarse a elaborar os bowls sen ter que empregar tempo en cobrar aos clientes. Ademais, ao ser un prato no que a maioría dos ingredientes están crús (salvo o arroz e a quinoa), pódese elaborar rapidamente en canto saia a comanda. En canto ao equipo material, necesitaranse electrodomésticos de cociña como conxelador, frigoríficos, mobles de exposición refrixerados, fervedor de arroz e batidora, ademais de diversos utensilios de cociña para cortar os produtos. Por que creemos que terá éxito? Creemos que Pick & Poke é un proxecto que pode ter éxito por varios motivos. O primeiro é aproveitar unha tendencia gastronómica que se está a estender actualmente. Nas cidades galegas mais poboadas, A Coruña e Vigo, xa hai varios restaurantes dedicados exclusivamente a pokes. Santiago de Compostela conta con 7 locais que os serven, pero ningún está especializado no prato. Tamén cremos que teremos éxito polos cambios no consumo, que tenden cara a produtos saudables e sostibles coma os nosos pokes, compostos principalmente por froitas e verduras ecolóxicas. Tamén respondemos a demanda crecente polas opcións veganas. Á marxe das características do produto, pretendemos adaptarnos ao tipo de servizo que se está a demandar actualmente: a comida para levar, servida en envases de plástico de orixe vexetal PLA, biodegradables e compostables.
Description
Editor version
Rights
Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.



