Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. III Edición

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Vilas Subirán, Santiago
Castro Cano, Lucas
Suleimán Casalderrey, Andrea Valentina
Dopico Caneiro, Manuel
Feijoo Villar, David
González Calvo, Raquel

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Academic degree

Abstract

Description

Neste volume recóllense os traballos premiados na terceira edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en marzo de 2021 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano. Conformaron o xurado: Mª Cristina Naya Riveiro, Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Ferreiro Fernández, Manuel Francisco Herrador Barrios e Susana Ladra González. O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio. A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e novas falsas. Os Premios Isabel Zendal, concibidos como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña, teñen precisamente como finalidade este obxectivo: promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de falsidades.

Rights

Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)
Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)