A viva voz!: proposta didáctica para o fortalecemento da lingua galega nas escolas rurais

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Varela Amado, Andrea

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da Educación

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal crear unha proposta de normalización e, sobre todo, valorización, da lingua galega en contornos galegofalantes. Para iso, pártese da análise sobre a situación actual do galego, prestando atención aos prexuízos que ocasionan a perda de falantes, especialmente, entre as novas xeracións, o que fai que a lingua corra o risco de desaparecer e, con ela, gran parte da cultura e identidade do pobo galego: o noso patrimonio inmaterial. Así pois, dende unha perspectiva innovadora, creouse un proxecto destinado ao alumnado de Educación Infantil dun contorno galegofalante rural, que pretende dar á lingua e ao rural o prestixio que merecen. O alumnado, xunto coas súas familias e a veciñanza, serán os protagonistas dunha serie de actividades lúdicas, dinámicas e culturais nas que colaborarán entre todos/as eles/as para aprender e desfrutar do potencial do contorno que os rodea á vez que reivindican que pódese, débese e quérese falar en galego.

Description

Varela Amado, Andrea. (2022). A viva voz!: proposta didáctica para o fortalecemento da lingua galega nas escolas rurais. [Traballo de Fin de Grao. Universidade da Coruña]

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido