Paseo fluvial no río Rosende e actuación na Ponte Lubiáns

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Collazo Puñal, Lucía María

Advisors

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo:] No presente proxecto plantéxase a execución dun paseo fluvial co que se conformaría unha ruta circular e que dotaría aos municipios de Carballo e Coristanco dun amplo espazo verde, e tamén unha actuación na Ponte Lubiáns, unha ponte medieval que actualmente se atopa en estado de abandono. Deste xeito búscase: - Enaltecer o valor patrimonial da Ponte Lubiáns, cunha actuación respectuosa e de carácter minimalista. - Plantexar unha proposta cun marcado valor ambiental, en busca do desenvolvemento sostible, seguindo as pautas do Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia e do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima. - Fomentar a inclusión social de colectivos en risco de exclusión social da Brea e da Ponte Rosende, conectándoos co centro de Carballo mediante a execución do paseo e proporcionando áreas que faciliten a comunicación entre nenos e adultos destes colectivos en risco de exclusión cos de outros concellos. O deseño do paseo fluvial faise seguindo a Instrución 3/2021 para o deseño de sendas peonís-ciclistas en estradas de titularidade da comunidade autónoma de Galicia. Consta de 3 metros de ancho e 3,5 km de largo. O feito de que o volume de desmonte sexa superior ao de terraplén fai que non sexa necesario acudir a préstamos. O firme do paseo peonil ciclista consta de 20 cm de SEST (solo de xabre compactado estabilizado con cemento) sobre unha capa de 20 cm de zahorra artificial. Na zona de xardín disponse sembra de céspede sobre unha capa de terra vexetal. Finalmente, as zonas de ocio constan dun pavimento continuo de 4 cm de espesor de caucho reciclado, sobre diversas capas de formigón hidráulico, morteiro de cemento e unha capa de zahorra artificial. A execución do drenaxe faise seguindo as Instrución técnicas para obras hidráulicas en Galicia. A actuación na Ponte Lubiáns plantéxase tendo especialmente en conta os criterios de intervención do Instituto de Patrimonio Cultural de España. Seguindo o indicado na Carta de Cracovia, onde se especifican obxectivos e métodos para a conservación e restauración do patrimonio edificado, a necesidade da investigación no mantemento e de contemplar a paisaxe como patrimonio cultural integrándoa coas construcións realizadas. A análise de estabilidade faise mediante o Método plástico de Heyman, analizando cada bóveda individualmente, e posteriormente mediante o sofware LimiteState: Ring, concluíndo que é innecesario reforzar as bóvedas e actuar a nivel estrutural na ponte. Deste xeito, plantéxase a execución mediante tres fases: Fase I: reparación, limpeza e consolidación, Fase II: tratamentos preventivos, e unha última Fase III: rutinas de control, seguimento e mantemento.

Description

Editor version

Rights

|Atribución-NoComercial-SinDerivadas
|Atribución-NoComercial-SinDerivadas

Except where otherwise noted, this item's license is described as |Atribución-NoComercial-SinDerivadas