Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/37780 Construíndo o coñecemento informático: situación da perspectiva de xénero nos estudos de grao das universidades españolas
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Castro, L. M. (2019). Construíndo o coñecemento informático: situación da perspectiva de xénero nos estudos de grao das universidades españolas. In (Re) construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 (pp. 313-324).
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo]: 64 facultades e escolas imparten estudos de informática en universidades públicas e privadas do estado español, estudos que foron revisados, en todos os casos, na última década, por mor da adaptación ao EEES (plan Bolonia). Neste artigo exploramos a presenza de contidos que afonden nos conceptos de ética profesional no mundo da tecnoloxía nestes plans de estudos renovados, nun momento histórico no que as consecuencias socio-culturais da omnipresenza da tecnoloxía en xeral, e do software en particular, non son compatibles coa perspectiva tradicional dunha informática “neutra”. A nosa intención é pulsar a situación actual en relación a estes contidos como posible porta de introdución da perspectiva de xénero dun xeito explícito e non simplemente transversal. Lamentablemente, os datos mostran que, mesmo nas universidades máis destacadas do estado -en termos de número de estudantes totaisos estudos de informática non sempre presentan de xeito obrigatorio para o seu alumnado ese traballo de reflexión ética. Porén, aínda que a súa presenza aínda é moi minoritaria, si atopamos casos nos que a presenza obrigatoria deses contidos incorpora, ademais, a perspectiva de xénero: casos que poderían servir de exemplo para docentes con interese en construír un coñecemento informático non nesgado.
Description
Conferencia presentada na sexta edición da Xornada Universitaria Galega en Xénero (VI XUGeX) que se desenvolveu o 14 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña baixo o título (Re)construíndo o coñecemento.
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España








