Barreiras para a aprendizaxe do alumnado con trastorno do espectro autista

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Regueira Casanova, Luisa

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da Educación

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo fundamental indagar sobre a evolución da concepción social e familiar sobre as persoas diagnosticadas con trastorno do espectro autista (TEA en adiante). Para dar resposta a este obxectivo, realizouse unha búsqueda bibliográfica nas distintas bases de datos, que describe o concepto actualizado de TEA, as causas, diagnóstico e intervención dende o eido educativo. Este último aspecto é o máis importante, poñendo en xogo aprendizaxe, socialización, barreiras existentes para as mesmas e indagando asimesmo no concepto de educación inclusiva. Aparte da xustificación teórica, para a definición das concepcións e barreiras fíxose unha investigación empírica consistente no análise documental de 3 produtos culturais (unha película, un cómic e un conto), dous baseados en historias de vida reais, e un cuestionario que recolle a percepción do profesorado sobre as implicacións de escolarizar a nenos/as con TEA na aula ordinaria. Os resultados amosan que na educación de persoas con TEA é moi importante o respecto á súa condición, os apoios do entorno e a intervención dende idades temperás. Tamén o papel contraproducente que xoga a escola e a sociedade, puidendo funcionar, sobretodo no segundo caso, como axentes de exclusión máis que de inclusión. A escola resultou ser, malia a limitación desta investigación, un lugar que acolle, a través do profesorado, predisposicións moi inclusivas pero carente de organización e recursos para facelas realidade.

Description

Regueira Casanova, Luisa. (2022). Barreiras para a aprendizaxe do alumnado con trastorno do espectro autista. [Traballo de Fin de Grao. Universidade da Coruña]

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido