Da investigación á formación de profesorado de secundaria a través de tres proxectos en torno á educación para a cultura da sustentabilidade

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Vargas Callejas, Germán
Bisquert i Pérez, Kylyan Marc
Pérez-Diez, Alejandro

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Callejas, G. V., SEPA-interea, G. I., i Pérez, K. M. B., Diez, A. P., & Núñez, M. B. (2018). Da investigación á formación de profesorado de secundaria a través de tres proxectos en torno á educación para a cultura da sustentabilidade. In Conectando redes. La relación entre la investigación y la práctica educativa. Simposio REUNI+ D y RILME (pp. 842-856). Grupo de Investigación Stellae.

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumen] O propósito desta comunicación é presentar a traxectoria trazada a través de tres proxectos que vinculan a investigación básica e aplicada coa formación de profesorado de educación secundaria en Galicia e República Dominicana en torno á cultura da sustentabilidade e a cooperación. Neste sentido, descríbese a relación temporal e metodolóxica entre os proxectos de Cultura da Sustentabilidade e Cooperación ao Desenvolvemento (CSC), Cultura da Sustentabilidade e Formación do Profesorado (+COMUNIDADE) e os Procesos Educativos para a Transición a unha Cultura da Sustentabilidade (ALIANZA TERRA), inscritos no marco epistemolóxico e axiolóxico da Educación Transformadora e a Cultura da Sensibilidade e a Cooperación. De xeito máis detallado, afóndase na caracterización e presentación de obxectivos, metodoloxía e resultados obtidos ata o momento no último proxecto (Alianza Terra). O proxecto ALIANZA TERRA caracterízase por ser unha proposta innovadora e complexa que pretende dar resposta a nivel escolar ás problemáticas sociais e ambientais que 843 singularizan o noso tempo, caracterizado por un contexto de crise socio-ambiental e, en consecuencia, de humanidade. Unha situación que polo seu alcance e significado global tamén incumbe ás comunidades locais emprazadas en Galicia e a República Dominicana, especificamente nos centros de educación secundaria. Neste contexto temporal, espacial e circunstancial, ALIANZA TERRA oriéntase a dúas cuestións centrais: a primeira, a dinamización de procesos de creación de coñecemento que dean lugar a propostas pedagóxicas innovadoras e á produción de materias didácticos que sirvan para educar nos institutos sobre a cultura da sustentabilidade e a cooperación; a segunda, a formación do profesorado e do colectivo de estudantes de secundaria na análise, resposta e transformación de valores, actitudes e comportamentos cara á mellora das relacións entre os seres humanos e destes coa natureza

Description

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España