Muller e emprendemento: as nosas referentes : [Xornadas 8M, do 08 ao 11 de marzo de 2022, na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña]

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Fernández Lodeiro, Leticia
Castro Pombo, Elisa

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Longarela-Ares, Á. (ed.) (2022). Xornadas 8M. Muller e emprendemento: as nosas referentes. Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) na Facultade de Economía e Empresa (FEE). Universidade da Coruña. A Coruña. Handle: http://hdl.handle.net/2183/30841

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Con motivo do Día Internacional da Muller 8M, dende a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Facultade de Economía e Empresa (FEE) da Universidade da Coruña (UDC) temos celebrado as Xornadas 8M “Muller e Emprendemento: As Nosas Referentes”. Dende a OIX quixose facer fincapé no eido do traballo e a muller, como tema institucional. As mulleres atóparonse ao longo do desenvolvemento da súa labor profesional diversas problemáticas como a brecha salarial, a precariedade, os teitos de cristal, a conciliación laboral e familiar... Superar os atrancos que nos fomos atopando as mulleres supuxo e supón unha demostración de fortaleza, constancia e tenacidade e máis en tempos de crise. Dende a FEE, quixemos renderlle unha homenaxe a todas as mulleres emprendedoras aportando a nosa perspectiva económico-financeira, pois consideramos que a comunidade universitaria, e a sociedade en xeral, precisan referentes femininas inspiradoras que aposten por unha cultura emprendedora comprometida con valores sociais. As Xornadas desenvolvéronse dende o día 8 de marzo do 2022 ata o día 11 de marzo do 2022, na Facultade de Economía e Empresa, coa conferencia inaugural en formato mixto (presencial e virtual), exposición de pósters na entrada da facultade e clausura das xornadas o 11 de marzo. O alumnado contou con tempo para a elaboración e entrega de pósters dende o 16 de febreiro ata o 7 de marzo, nos que o animamos a contarnos a historia dunha muller emprendedora da súa familia e do legado que deixou ás novas xeracións. Nesta publicación recollemos os pósters participantes e gañadores das Xornadas 8M. Agardamos con esta publicación e co desenvolvemento das Xornadas, prestar un servizo á educación, á Universidade, e por suposto á sociedade.

Description

Pódese atopar máis información sobre as Xornadas 8M e a resolución de pósters premiados na páxina web da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

Editor version

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)