Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/42005 Guía da Mostra Bibliográfica Xornadas 8M. Tecendo redes: traballadoras da industria pesqueira e marítima en Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Longarela-Ares, Á., González López, T., Babío Carazo, M. (ed.) (2025). Mostra Bibliográfica Xornadas 8M. Tecendo redes: traballadoras da industria pesqueira e marítima en Galicia. Biblioteca e Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) na Facultade de Economía e Empresa (FEE). Universidade da Coruña. A Coruña. DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497499026
Type of academic work
Academic degree
Abstract
Co gallo da conmemoración do 8M, a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Facultade de Economía e Empresa (FEE) da Universidade da Coruña (UDC) organizou no ano 2025 unhas xornadas centradas no labor das mulleres do mar. Estas xornadas levaban por subtítulo Xornadas 8M. Emprendedoras e mulleres do mar. Finanzas, traballo e comercio marítimo en perspectiva histórica, xa que a participación laboral feminina e a súa conquista dos espazos sociais están ligados co desenvolvemento económico e coa independencia financeira das mulleres. Estes aspectos abordáronse dende unha perspectiva histórica, feminista e interseccional para tratar de amosar que foron avances lentos e que, pese aos logros acadados, aínda persisten retos polos que loitar.
Como primeira actividade introdutoria, preparouse a mostra bibliográfica Tecendo redes: traballadoras da industria pesqueira e marítima en Galicia, na Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa, accesible para toda a comunidade universitaria e público en xeral. Expuxéronse diversos libros cos que visibilizar a importancia dos oficios das mulleres do mar e fomentar o seu estudo e divulgación
Description
Cursos, congresos e simposios, CCS-166
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0








