Do conto tradicional ao álbum ilustrado: análise da colección "Os contos do trasno"

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Rey Muiños, Pilar

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da Educación

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Os contos tradicionais foron utilizados, dende tempos inmemoriais, para educar nos valores da época, como a tolerancia, a colaboración, o amor e o esforzo. Mais, a vaga de pensamento feminista provocou o seu cuestionamento, dado que algúns dos valores destas historias poden considerarse arcaicos, machistas e discriminatorios. No presente traballo, levarase a cabo unha análise sobre os álbums ilustrados que chegan actualmente á infancia, pertencentes á colección Os contos do trasno de Kalandraka. Esta editora pretende poñer en valor este tipo de contos e promover a súa difusión como patrimonio cultural. Ademais de estar escritos en lingua galega para a normalización do idioma. Por estes motivos decidiuse analizar as modificacións da colección comparándoas cos relatos da tradición oral a través de diferentes aspectos relevantes como: a clasificación tipolóxica dos contos de tradición oral, a representación do xénero tanto no texto e nas ilustracións, tanto nos roles como na caracterización, identificación e análise dos posibles elementos de modernización do mundo representado nos álbums e análise da presenza e a representación dos adversarios/as.

Description

Rey Muiños, Pilar. (2022). Do conto tradicional ao álbum ilustrado: análise da colección "Os contos do trasno". [Traballo de Fin de Grao. Universidade da Coruña]

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido