Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/49005 Proyecto U-Ileostomía: Desarrollo y validación preclínica de un dispositivo para la reconstrucción virtual del tránsito intestinal en pacientes con ileostomía derivativa
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo]: Obxectivo: Desenvolver un dispositivo que permita unha reconstrución precoz, estanca e reversible do tránsito intestinal, co obxectivo de reducir as complicacións asociadas á ileostomía derivativa e avaliar a súa viabilidade e seguridade inicial nun estudo experimental preclínico. Material e métodos: Realizouse un estudo retrospectivo en pacientes con cancro de recto portadores de ileostomía derivativa, intervidos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña entre 2015 e 2023. Analizáronse as complicacións, os factores de risco e os tempos ata a reconstrución do tránsito intestinal. De maneira paralela, un equipo multidisciplinar desenvolveu o dispositivo U-Ileostomía, que foi validado in vivo mediante un estudo preclínico en modelo animal porcino anestesiado e con supervivencia. Resultados: Incluíronse 222 pacientes; o 66,2% dos pacientes con ileostomía derivativa presentou complicacións, principalmente cutáneas. A mediana ata a reconstrución foi de 295,5 días, asociándose o atraso a un ASA ≥ III e ao tratamento adxuvante. Un 12,6% dos doentes non foi reconstruído. Entre os pacientes reconstruidos, o 27,8% presentou complicacións, maioritariamente Clavien-Dindo I–II. Tras a súa validación en catro experimentos preclínicos en modelo animal porcino, U-Ileostomía demostrou a viabilidade técnica e a seguridade inicial do concepto. Conclusións: As ileostomías derivativas presentan unha morbilidade relevante. U-Ileostomía demostrou a viabilidade técnica e a seguridade inicial do concepto tras a súa validación preclínica en modelo animal.
[Abstract]: Objective: To develop a device that enables early, watertight, and reversible reconstruction of the intestinal transit, with the aim of reducing complications associated with diverting ileostomy and to assess its initial feasibility and safety in a preclinical experimental study. Materials and methods: A retrospective study was conducted in patients with rectal cancer carrying a diverting ileostomy who underwent surgery at the Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña between 2015 and 2023. Complications, risk factors, and time to intestinal reconstruction were analyzed. In parallel, a multidisciplinary team developed the U-Ileostomy device, which was subsequently validated through preclinical studies in a porcine animal model, initially under anesthesia and later in a survival study. Results: A total of 222 patients were included; of whom 66,2% experienced complications, mainly cutaneous. The median time to reconstruction was 295,5 days, with delays associated with ASA ≥ III status and adjuvant treatment. A total of 12,6% of patients were not reconstructed. Among patients who underwent ileostomy closure, 27,8% developed complications, predominantly Clavien-Dindo grade I–II. Following validation in four experimental procedures, the U-Ileostomy device demonstrated technical feasibility and preliminary safety of the concept in a preclinical porcine model. Conclusions: Diverting ileostomies are associated with significant morbidity. The U-Ileostomy demonstrated the technical feasibility and preliminary safety in a preclinical model.
Description
Editor version
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International
Collections

Except where otherwise noted, this item's license is described as Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido






