Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/15829 Análise verbo do deber de declarar da vítima de violencia de xénero no proceso penal
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Alonso Salgado, Cristina
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
II Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX: roles de xénero nun mundo globalizado. Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo. Universidade da Coruña, 2014, 120-123. ISBN: 978-84-9749-599-8
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[RESUMO] O artigo 416 da Lei de Axuizamento Criminal establece que están dispensadas/os da obriga de declarar determinadas/os parentes da/o procesada/o. Do precepto cabe inferir que o deseño do réxime xurídico da dispensa do deber de declarar acaba por imposibilitar para a meirande parte dos casos a persecución penal de delitos relacionados coa violencia de xénero2. E isto porque cando a vítima decide acollerse á dispensa, o impacto que xera na actividade probatoria do proceso, é mais que significativo pois, dado o habitual contexto onde se cometen este tipo de delitos, a declaración da vítima constitúe na maioría dos supostos, a única proba de cargo suficiente para enervar a presunción de inocencia. Dobremente grave se se considera que en non poucas ocasións, o acollemento á dispensa por parte da vítima non é froito da súa libre vontade, senón dos sentimentos derivados de cadros de vitimización profunda, perpetuándose así o ciclo da violencia. No presente traballo preténdese rebater os argumentos das concepcións que dende una óptica paternalista apostan por negaren, pola vía dos feitos, o dereito á dispensa ás vítimas de violencia de xénero para viabilizar o proceso.

