Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/41571 Contorna de aprendizaxe activo e adaptable de comandos Linux
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Fuentes Ramos, Francisco
Advisors
Other responsabilities
Universidade da Coruña. Facultade de Informática
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
Resumo]: Ao longo destes anos os coñecementos básicos interdisciplinarios, especialmente no ámbito da informática, foron impartidos comunmente a través de enfoques repetitivos e centrados na memorización, poñendo unha maior énfase na retención da información que na comprensión profunda dos temas. Este método de ensinanza, instaurado globalmente no sistema educativo a partires da revolución industrial, segue vixente na actualidade, aínda que cada vez máis expertos promoven formas de aprendizaxe lúdicas e interactivas, que prioricen a compresión e o desenvolvemento de aptitudes prácticas sobre a mera memorización de datos. Este proxecto propón unha alternativa no campo dos comandos Linux, ofrecendo unha plataforma de aprendizaxe práctico e adaptativo orientada ao dominio destes comandos. A través dunha experiencia dinámica estilo ”capture the flag”, buscando que cada usuario explore e aplique os seus coñecementos de forma significativa e entretida. A plataforma está deseñada non solo para facilitar a aprendizaxe dos estudantes, senón que tamén enfócase en permitir aos docentes ampliar e personalizar o contido segundo as súas necesidades, converténdose nunha ferramenta versátil para a ensinanza na aula. A contorna estará baseada nun contedor Docker cunha imaxe de Ubuntu como sistema operativo principal. Esta contorna integrará un conxunto de scripts en Shell, encargados da configuración e xestión dos retos que deberá realizar o usuario, e scripts en Python, orientados a avaliar o nivel de coñecemento do usuario mediante un modelo de regresión loxística que forma parte do denominado ”sistema avaliador”. Os retos estruturaranse en bloques temáticos; inicialmente prevese a existencia de dous bloques principais: o primeiro estará enfocado nos comandos relacionados coa navegación e busca en directorios, mentres que o segundo tratará sobre tarefas de lectura, busca e filtrado de arquivos. Ademais, o conxunto contará cunha interface de uso sinxelo deseñada para facilitar o acceso e a interacción, especialmente para usuarios con menor experiencia nas ferramentas empregadas. O proxecto incluirá unha opción de tradución ao galego, español e inglés como idiomas principais. Así mesmo, será de código libre e contará con manuais específicos para facilitar a adaptación e incorporación de contidos ao entorno para todo o persoal docente interesado. Ao longo do desenvolvemento do proxecto, e a través de diversas iteracións, contarase coa participación e colaboración dun grupo de persoas reais e voluntarias encargadas de probar a contorna. Este grupo dividirase en dous subgrupos: un composto por persoas con coñecementos avanzados en Linux e outro formado por usuarios sen experiencia previa. Tanto o feedback como os seus resultados nos retos ofrecidos pola contorna serán usados para adaptar o proxecto en función dos comentarios facilitados e tamén para adestrar un modelo que sexa capaz de adaptar a dificultade dos retos conforme ao nivel amosado polo usuario final.
Description
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España








