Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/33790 Cuberta para pistas de pádel en Caldas de Reis
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Fuentes Castro, Juan Eladio
Advisors
Other responsabilities
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo:] O pádel leva anos sumando afeccionados e espectadores debido a un deporte atractivo e sinxelo, o cal pode realizar unha gran parte da poboación. Isto fixo que en moitos lugares se instalen pistas de pádel, como en Caldas de Reis, a cal se sitúa no centro da vila. Neste proxecto, o obxectivo é poder favorecer a práctica deste deporte durante todo o ano, xa que o clima adverso desta zona, caracterizado por choivas recorrentes sobre todo nos meses de inverno, impide poder xogar ao pádel dunha forma adecuada. Para dar solución a este problema, neste traballo de fin de grao proponse a construción dunha cuberta e dunha pista nova, para poder ter dúas pistas de pádel cubertas e dispoñibles durante todos os días do ano, ademais de poder conservar mellor as instalacións e o pavimento deportivo. Analizando as diferentes alternativas, escolleuse unha cuberta parabólica de aceiro, a cal estará formada por sete pórticos metálicos de seis metros de lonxitude e sete metros de altura. Para o cerramento da cuberta proponse a utilización de perfiles autoportantes de aceiro conformados en frío, debido a que soportan cargas tanto verticais como horizontais sen necesidade de correas ou elementos intermediarios, reducindo así o custo económico da estrutura. Para isto a estrutura estará atirantada horizontalmente, así como o uso de contraventos para resistir as diferentes cargas as que se verá sometida. Co programa de ordenador Cype 3D, de Cype Ingenieros, lévase a cabo todo o cálculo da estrutura e cimentacións. Con está actuación a dispoñibilidade para a práctica do pádel verase aumentada, ao engadir unha nova pista e protexelas da choiva, do frío e do sol, impedindo tamén deslumbramentos debido ao sol ou zonas de sol e sombra. Así como tamén implicará un aumento do movemento á vila de habitantes de concellos veciños, fomentando tanto o deporte como o comercio local nesta zona.
Description
Keywords
Editor version
Rights
|Atribución-NoComercial-SinDerivadas


