Sexismo no contexto físico-deportivo e experiencias para o cambio

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

López-López, Claudia
Noya Casas, Lucía
Fraga-Pena, Natalia

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Academic degree

Abstract

Description

Este documento pretende divulgar os contidos da I Xornada Internacional “Sexismo no contexto físico-deportivo e experiencias para o cambio”, que tivo lugar, en formato en liña, os días 8 e 9 de outubro de 2021, organizada pola Universidade da Coruña e coa subvención do Instituto das Mulleres. Ademais, contouse coa colaboración de diferentes entidades e asociacións de mulleres que participaron na Xornada, así como co Colexio Profesional de Licenciadas e Licenciados en Educación Física de Galicia (COLEF Galicia), que colabora na súa divulgación. O obxectivo principal do encontro foi crear un espazo de intercambio e xerador de ideas para difundir a necesidade da coeducación como ferramentas para traballar na (e para) a igualdade de xénero no contexto físico-deportivo. Para iso, leváronse a cabo conferencias, unha mesa redonda, houbo tres espazos onde compartir experiencias para o cambio e, por último, desenvolvéronse catro obradoiros para a creación de recursos e estratexias para a igualdade no deporte. A través desta publicación poderase acceder ao contido gravado ao longo da Xornada, así como aos resumos dos temas tratados nos talleres. A primeira conferencia leva o título “Relacións de xénero en educación secundaria. Estratexias a través da actividade físico-deportiva, para promover interaccións de equidade libres de violencia e intimidación”, coincidindo co título do proxecto I+D+i ao que se vincula esta xornada e que foi subvencionado polo Programa Estatal de I+D+i orientado aos Retos da Sociedade. Dende o comité organizador da Xornada, esperamos que o presente documento sirva para promover a necesidade de seguir traballando pola igualdade, alén de aproximar e difundir investigacións, ideas, reflexións e experiencias para transformar, entre todas e todos, a realidade que se vive nos diferentes espazos relacionados co contexto físico-deportivo.

Editor version

Rights

Atribución-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Atribución-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional