Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/29771 III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Carballa Fernández, Miguel
Videla Crespo, Cristina
Doce Uzal, Eva María
Reguera Seoane, Miguel
Orellana Cañás, María
García López, Santiago
Colpari Carrizo, Marcela
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Oficina de Medio Ambiente. 2021. III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020, A Coruña. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN: 978-84-9749-829-6. DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498296
Type of academic work
Academic degree
Abstract
Description
Recollemos nesta colección sete dos oito traballos premiados no que foi a terceira edición do Premio UDC Sustentabilidade a Traballos de Fin de Grao e Mestrado, correspondente ao ano 2020. A resolución desta convocatoria fíxose pública o 5 de xuño de 2021, Día Mundial do Medio Ambiente, e con ela a UDC celebrou a efeméride aínda no marco das restricións derivadas da alarma sanitaria da covid.
A convocatoria destes premios xurdiu dunha proposta recibida desde a Facultade de Ciencias da Educación no marco do programa internacional Green Campus, e que finalmente a Oficina de Medio Ambiente materializou. Con ela búscase avanzar na sustentabilidade curricular, fortalecer a vinculación co currículo do traballo en sustentabilidade nos centros da UDC e promover a sensibilización e participación activa do estudantado.
Esta terceira edición dos premios dirixiuse a traballos realizados no ano 2020. Presentouse un total de 29 traballos, 19 de grao e 10 de mestrado, de 11 centros diferentes e de catro das cinco grandes áreas de coñecemento (a ausente foi, neste caso, Arte e Humanidades). Cómpre salientarmos que, dado o carácter transversal da sustentabilidade, como xa pon de manifesto o programa Green Campus ao falar de «vinculación ao currículo», todas as áreas de coñecemento están chamadas a participar e son igualmente candidatas a estes premios.
Seguindo os criterios da convocatoria, a comisión avaliadora valorou a calidade da memoria publicable, a relación coa temática da sustentabilidade e a orixinalidade dos traballos, así como a súa achega aos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) da ONU e ao compromiso social da UDC, alén da aplicabilidade dos estudos e as investigacións aos propios campus e centros da UDC. Desexamos que esta iniciativa contribúa a manter e mellorar o pulo pola sustentabilidade na UDC.
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








