Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/46049 A química da cor. Experimentos con pigmentos inorgánicos para o ensino e a divulgación científica.
Identifiers
Publication date
Authors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo relacionar ciencia e arte a través do estudo de pigmentos inorgánicos utilizados en obras de arte. En particular, céntrase nos complexos de coordinación de metais de transición, especificamente de dous metais: cobre e cobalto. Estes compostos presentan propiedades características que lles outorgan cores intensas e variadas o que motivou o seu uso histórico en diversas obras. Ao longo do traballo e para desenvolver un enfoque divulgativo, deseñáronse e realizáronse experimentos de laboratorio centrados na síntese de complexos con cambios de cor chamativos ou vinculados con pezas artísticas. Para facilitar a comprensión destes conceptos, empregáronse modelos simplificados, co obxectivo de adaptalos a públicos diversos, desde estudantes de graos científicos ata persoas interesadas na arte ou na cultura. A divulgación realizouse mediante dúas vías principais: a participación na feira científica “Ciencia na Rúa”, celebrada na Coruña o 10 de maio de 2025 e a creación de contido para plataformas dixitais en formato de vídeos curtos. Para ambas elaboráronse infografías resumo dos experimentos, guións de laboratorio, animacións e imaxes educativas para resumir e reforzar os conceptos presentados de forma máis didáctica e visual. A relación de conceptos científicos complexos con obras de arte, mediante referencias visuais e culturais, proporciona unha nova forma de espertar curiosidade científica nun público que tradicionalmente non se sente atraído pola química. Esta proposta busca ofrecer unha mirada diferente ao público xeral e facilitar a comprensión de conceptos máis complexos.
[Abstract] This Final Degree Project aims to connect science and art through the study of inorganic pigments used in artworks. In particular, it focuses on coordination complexes of transition metals, specifically two metals: copper and cobalt. These compounds exhibit characteristic properties that give them intense and varied colours, which has historically motivated their use in a wide range of art works. Throughout the project, and in order to develop an outreach-oriented approach, laboratory experiments were designed and carried out, focusing on the synthesis of complexes with striking colour changes or linked to artistic pieces. To facilitate the understanding of these concepts, simplified models have been used with the aim of adapting them to diverse audiences, from students of scientific degrees to people interested in art or culture. The outreach has been carried out through two main channels: participation in the science fair "Ciencia na Rúa", held in A Coruña on May 10th, 2025, and the creation of content for digital platforms in the form of short videos. For both, summary infographics of the experiments, laboratory scripts, animations, and educational images were created to summarise and reinforce the concepts in a more didactic and visual way. The connection between complex scientific concepts and artworks, through visual and cultural references, provides a new way to spark scientific curiosity in an audience that is traditionally not drawn to chemistry. This proposal seeks to offer a different perspective to the general public and facilitate the understanding of more complex concepts.
Description
Editor version
Rights
Attribution-NonCommercial 4.0 International
Collections

Except where otherwise noted, this item's license is described as Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.







