Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/33468 Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. IV edición
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Fagúndez Aguilar, Diego
Lage García, Noa
Ortiz Arias, Valeria
Tinaquero Vizoso, Leda
López Rodríguez, Julia
Suleimán Casalderrey, Andrea Valentina
Jiménez Pérez, Érica
Vilas Subirán, Santiago
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] O pensamento crítico é unha competencia clave na educación da cidadanía para formar persoas libres, autónomas e críticas, que poidan tomar decisións na súa cotiandade sen caer na manipulación mediática e na difusión de noticias e crenzas falsas.
Os Premios Isabel Zendal teñen precisamente como finalidade este obxectivo: promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de
falsidades. Esta é a carta de presentación destes premios, concibidos como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña.
O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º
de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio.
A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento
desenvolvido polo alumnado, un conto ou un relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, a
refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBIQ+ ou inmigrantes, entre outros.. Neste volume, que agora presentamos, recóllense os traballos premiados nesta cuarta edición dos Premios Isabel Zendal, convocada
en xaneiro de 2022 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano. Quero agradecer a dedicación e o compromiso das persoas con quen tiven o pracer de compartir xurado: Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González e Carlos Cayetano Vizcaíno Fernández. Finalmente, cabe sinalar que nesta cuarta edición se recibiron 33 propostas e os premios viaxaron a diferentes lugares da xeografía galega, aínda que tamén se recibiron propostas de fóra de Galicia. O certame parece consolidarse entre os mozos e mozas fomentando o seu espírito crítico e axudando a formar mentes abertas con base científica.
Description
Editor version
Rights
Creative CommonsAtribución-Compartir Igual Internacional (CC BY-SA 4.0)


