Incorporando a perspectiva de xénero nunha materia de grao en enfermaría mediante unha ferramenta de traballo cooperativo

Bibliographic citation

Freijomil Vázquez, Carla, Movilla Fernández, María Jesús & Coronado Carvajal, Carmen (2019): Incorporando a perspectiva de xénero nunha materia de grao en enfermaría mediante unha ferramenta de traballo cooperativo. (Re)construíndo o coñecemento. A Coruña, Universidade da Coruña, pp. 285-295

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Segundo a OMS, o nivel de saúde dos individuos e as comunidades está condicionado polo medioambiente psicosocial que inclúe determinantes sociais como o sexo, a igualdade de xénero, a pobreza e a equidade. En política de xénero, esta organización indica que a integración das perspectivas de xénero na acción sanitaria obedece a un criterio xusto de saúde pública. As diferenzas entre homes e mulleres na exposición aos riscos para a saúde, no acceso á información, e á atención sanitaria poden ter claras repercusións na saúde. Durante o presente curso académico deseñouse, implementouse e avaliouse cuantitativa e cualitativamente unha actividade académica innovadora destinada á inclusión de perspectiva de xénero na materia “Enfermaría comunitaria I” de Grao en Enfermaría na Universidade da Coruña. Os resultados indican que a maior parte do noso alumnado valorou positivamente a actividade, e que constataron a necesidade de reflexionar en como inflúen de distinta maneira nos problemas de saúde de mulleres e homes os factores biolóxicos e os relacionados co estilo de vida e as diferenzas no acceso e uso dos servizos do sistema sanitario.

Description

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España