Estudo de técnicas de compactación de datos na xestión de residuos

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Castiñeiras Sánchez, Sergio

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Informática

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] As plantas de tratamento e reciclaxe de residuos incorporan cada vez máis sistemas de sensorización para supervisar o fluxo de material sobre as súas liñas de proceso. No marco do proxecto GRESINT, unha cámara de profundidade instalada sobre unha cinta transportado ra captura entre sete e oito frames por segundo, cada un representado como unha matriz de 424 × 512 valores; só o mapa de distancias acumula arredor de medio terabyte ao día por sensor, o que converte o seu almacenamento nun problema de Big Data. Este traballo analiza esas medicións en bruto co obxectivo de xustificar e propoñer unha solución que reduza o espazo de almacenamento das medicións do sensor sen perder a capacidade de consulta. A caracterización estatística previa confirma dúas redundancias explotables: unha espacial, entre valores veciños dentro dun mesmo frame, e outra temporal, entre frames consecutivos. Sobre esa base constrúese unha cadea de esquemas de codificación sen perda: primeiro unha liña base intra-frame (codificación de lonxitude fixa e por ranking de frecuencia), e despois unha codificación diferencial que explota a redundancia temporal mediante tres estratexias de selección de frames de referencia (similitude do coseno, ventá deslizante e clustering K means), refinada finalmente cunha codificación híbrida sobre as diferenzas. O esquema final reduce o volume orixinal a menos dunha terceira parte superando algún dos compresores de propósito xeral empregados como referencia (bzip2, zlib e lzma) e mantendo en todo momento a propiedade de acceso individual. Completa o traballo una interface web, desenvolta en Python con Dash e Plotly, que permite visualizar os frames e consultar o espazo que ocupa cada un baixo as distintas técnicas estudadas.
[Abstract] Waste treatment and recycling plants are increasingly adopting sensor systems to monitor material flow along their processing lines. Within the GRESINT project, a depth camera mounted above a conveyor belt captures between seven and eight frames per second, each represented as a 424×512 matrix; the distance map alone accumulates around a half terabyte per day per sensor, turning its storage into a Big Data problem. This work analyses these raw sensor measurements with the aim of justifying and proposing a solution that reduces the storage space required by the sensor’s measurements without losing the ability to query them. A prior statistical characterisation confirms two exploitable redundancies: a spatial one, between neighbouring values within a frame, and a temporal one, between consecutive frames. Building on this, a chain of lossless encoding schemes is developed: first an intra-frame baseline (fixed-length and frequency-ranking encoding), and then a differential encoding that exploits temporal redundancy through three reference-frames selection strategies (cosine similarity, a sliding window and K-means clustering), further refined with hybrid frequencyranking encoding applied to the residuals. The final scheme reduces the original volume to under a third, outperforming one of the general-purpose compressors used as a benchmark (bzip2, zlib and lzma), while always preserving individual frame access. The work is completed with a web interface, built in Python with Dash and Plotly, for visualising and querying the space each one occupies under the different techniques studied.

Description

Editor version

Rights

Todos os dereitos reservados. Prohíbese a reprodución, transformación,distribución e comunicación pública da obra por terceiros. Permítese a súa visualización e a descarga dunha copia privada para o uso persoal.