Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/22742 Aprendizaxe baseada en problemas en Xenética Molecular
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Vila Sanjurjo, Antón; Martínez Martínez, Luisa; Insua Pombo, Ana (2018) Aprendizaxe baseada en problemas en Xenética Molecular. Póster presentado en: II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 425-426). En: E. de la Torre Fernández, (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] A aprendizaxe baseada en problemas (ABP) trátase dunha metodoloxía na que os alumnos, guiados polo profesor, deben resolver un problema. No proceso, os alumnos constrúen e aplican coñecementos en lugar de ser meros receptores. Neste traballo, propoñemos aplicar ABP na materia Xenética Molecular do Grao en Bioloxía e do Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química, impartidos na Facultade de Ciencias da UDC. O obxectivo é espertar un maior interese pola Bioinformática, unha parte da materia considerada a miúdo ardua e tediosa. Tamén pretendemos incrementar a orientación da materia cara á práctica profesional. A actividade que se propón consta de tarefas prácticas estruturadas, idénticas ás que se realizan nun laboratorio típico de Xenética Molecular. Así, o problema a resolver enfronta aos alumnos a unha situación real que implica non só aplicar coñecementos senón tamén tomar decisións. Para resolver o problema, os alumnos recibirán unha explicación previa do profesor e disporán de orientación mediante titorías e un foro en Moodle. A actividade desenvolverase en grupos de 4-5 alumnos. A aprendizaxe avaliarase en base á exposición oral apoiada nunha presentación Power Point que realice un membro do grupo elixido polo profesor e aos comentarios críticos que realicen os demais membros do grupo. Para organizar as titorías de avaliación, usarase a ferramenta Doodle. A actividade de ABP que se presenta contribuirá a desenvolver competencias recollidas na guía docente da materia e debería axudar aos alumnos a ver a relevancia do traballo realizado en Xenética Molecular.
Description
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







