Aproximación á incorporación de perspectiva de xénero nunha materia de Grao en Enfermaría

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Coronado Carvajal, Carmen; Freijomil Vázquez, Carla (2019): Aproximación á incorporación de perspectiva de xénero nunha materia de Grao en Enfermaría . Póster presentado en: III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 529-532). En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Entre os determinantes que condicionan o nivel de saúde da comunidade atópase o medioambiente psicosocial e sociocultural que engloba unha ampla gama de determinantes sociais da saúde como o sexo, a igualdade de xénero, a pobreza e a equidade (OPS/OMS, 2010). A finalidade principal da acción enfermeira é potenciar ao máximo o grao de saúde das persoas, capacitándoas para a independencia e a vivencia plena de cada unha das etapas do seu ciclo vital a través da educación. Os alumnos de Grao en Enfermaría deben estar en condicións de detectar os factores que poñen a mulleres e homes en risco para a saúde e abordar as súas necesidades con intervencións eficaces. O xénero é un deses factores, e cremos que é imprescindible adoptar unha perspectiva de xénero na saúde comunitaria para lograr a equidade en saúde (Ponferrada Arteaga, 2017). Na materia “Enfermaría Comunitaria I” se desenvolveron tres talleres de docencia interactiva en grupos de 20 alumnos, de hora e media de duración. Realizáronse lecturas e dinámicas de debate ou elaboración de materiais dixitais que se compartiron co grupo completo na aula virtual Moodle (Alcántara, 2008; Gavidia y Talavera 2012; OMS 2016). Os nosos estudantes constataron a necesidade de reflexionar en como inflúen de distinta maneira nos problemas de saúde de mulleres e homes, non só os factores biolóxicos senón tamén os relacionados co estilo de vida e mesmo coas diferenzas no acceso e uso dos servizos do sistema sanitario. Todo iso bastante relacionado á vez con outros determinantes sociais como idade, grupo étnico, situación socioeconómica, etc.

Description

Editor version

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España