Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/32020 Vía ciclista entre a praia de Peizás e o castro de Fazouro
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Valea López, Jairo
Advisors
Other responsabilities
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo:] Proponse a realización dunha vía ciclista que conecte o Castro de Fazouro coa praia de Peizás, pasando pola praia Pampillosa. O Castro de Fazouro é único no Cantábrico pola súa condición de castro-museo, e búscase potenciar a súa importancia dentro un importante marco turístico como é a zona Foz-Ribadeo, retroalimentándose mutuamente; ademáis de valorizar outros puntos de interese como o xacemento romano da Praia da Pampillosa, todo elo encadrado nun contexto de desenvolvemento e mobilidade sostibles. O trazado da senda ciclable proxectada esténdese entre o Castro de Fazouro e a Praia de Peizás, no concello lugués de Foz, discorrendo entre a costa e a estrada N-642, aproximadamente arredor do P.K. 35 desta última, pasando pola praia da Pampillosa e aproveitando unha actuación anterior para o vadeo do río Ouro. Evítase a afección ao Lugar de Importancia Comunitaria de dito río, ademáis de ao Dominio Público Marítimo Terrestre. A senda acada unha lonxitude total de 4.106 m, dos que un total de 3.096 m son de nova construción, e o resto son aproveitados da devandita actuación existente; e está proxectada para a circulación tanto de bicicletas como de peóns. A pendente é en todo momento inferior ao 10%, sendo a pendente media do 2.77%. A senda é accesible (é dicir, goza dunha pendente inferior ao 6%) nun 90.8% da súa lonxitude. Consta de dúas seccións diferenciadas, de 2.20 m e 3.00 m de ancho, ambas con firme en terrizo sobre base de zahorra artificial.
Description
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-SinDerivadas


