Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/47560 A Galicia do fume: unha análise dende o lar
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Souto Vázquez, Gabriel
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo]
Este traballo comeza dende o lado máis poético e inspirador que contén este camiño polo descubrimento da tradición galega arraigada ao fume, “a sombra do aire na terra”, como ben di Luis Pimentel nesta estrofa. Pódese interpretar de moitas maneiras pero como a Antonio Armesto Aira no seu prefacio a Yago Bonet en La Arquitectura del Humo 2 sería bonito pensar na atmosfera que crea o fume, que a sombra da que fala sexa esa imaxe que se produce ao entrar o sol polas fiestras dunha casa afumada, onde podemos ver a luz no aire e tamén como el di, a sombra do aire na terra.
O fume, a parte do poder simbólico que a cada un lle poida traer, foi sempre un elemento importantísimo na arquitectura tradicional galega, un material máis na costrución dos espazos. Un elemento sen o cal non poderiamos entender os porqués da arquitectura vernácula. No clima atlántico propio de Galicia, húmido e frío, o fume quenta e seca. Ademais axuda a curar, desinfectar e protexer de insectos tanto os alimentos como os elementos construtivos como a cuberta, de madeira e colmo (palla) propensos a descompoñerse.
A arquitectura galega pasou por un proceso de evolución dende as arquitecturas prerománicas ata a actualidade, e con ela cambiou a relación co fume, e porén cambiou a morfoloxía do espazo destiñado a este. O que comezou sendo un habitante mais, que subía dende o lar e percorria toda a casa, reténdose e remuiñándose no interior para protexernos do frío e da humidade, pouco a pouco, e debido a aparición de novas tecnoloxías na construción pasou a ser un elemento expulsado do interior o antes posible.
Este traballo centrase nas arquitecturas que aproveitan o fume de diversas maneiras, exemplificando o impacto que este tivo nos elementos construtivos,
no mobiliario, na distribución interior e mesmo na morfoloxía da propia vivenda e da súa estrutura. Veremos exemplos das que se coñecen como casas do fume, que son aquelas que non teñen unha saída propia para o mesmo e nas que o fume é un ben desexado, e que como consecuencia a arquitectura xira en torno a el.
O fume en si só non pode entenderse sen o lar, a lareira ou o fogar, recibe moitos nomes pero non é máis que o espazo para o lume. Aínda que dicir que non é máis ca iso non é moi correcto, é o corazón, o espazo con máis funcións na vivenda labrega, sendo ao mesmo tempo lugar de reunión e cociña, quentaba a vivenda e axudaba a secar alimentos.
Á lareira debeselle a cultura, a gastronomía, a maneira de ser galega e os contos e cantares que naceron das tardes de inverno a carón do lume, debemoslle os chourizos, que de non reter o fume non poderían afumar, e debemoslle poder cubrirse de palla aqueles aos que non chegara a tella nin a lousa.
Description
Editor version
Rights
Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.







