Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/15828 A linguaxe como medio de violencia simbólica no deporte
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Pérez, Andrea
Diéguez, Noelia
Carballo, Lara E.
Campaña, Fátima
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
II Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX: roles de xénero nun mundo globalizado. Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo. Universidade da Coruña, 2014, 115-119. ISBN: 978-84-9749-599-8
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[RESUMO] En todas as sociedades machistas a linguaxe ten un papel fundamental na discriminación das mulleres, configurándose como un instrumento de dominación e lexitimador da violencia simbólica. O obxectivo deste estudo foi analizar se as estudantes de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña reciben frases ao longo da súa carreira deportiva que reflicten a dominación e reprodución dun modelo social discriminatorio. A metodoloxía empregada inscríbese baixo o paradigma cualitativo e feminista, facendo uso da análise de contido como técnica de investigación. Para a recompilación de datos empregouse unha ficha de rexistro anecdótico que se aplicou a corenta alumnas e un grupo de discusión con cinco estudantes. Os resultados permítennos concluír que a linguaxe é un medio máis de violencia simbólica no deporte, que perpetúa un sistema de dominación masculina a través da transmisión dunha visión de inferioridade das mulleres, que menospreza a súa práctica e establece como ideal o deporte masculino. Non se acepta que unha muller poida ser superior a un home en situacións deportivas mixtas e danse casos nos que, a través da linguaxe, se chega a incitar á violencia física e sexual.[






