SMART-TDAH: Software para a análise intelixente de datos e o apoio no seguimento de pacientes con TDAH

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Álvarez Rey, Ángel

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Informática

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo]: O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) é unha condición crónica que afecta a millóns de nenos e nenas e que, en moitos casos, persiste na idade adulta. Caracterízase por dificultades para manter a atención, hiperactividade e comportamentos impulsivos. Ademais, entre o 30% e o 50% dos menores con TDAH presentan trastornos de conduta, un 25% sofre ansiedade e máis do 20% ten dificultades de aprendizaxe. Estes datos evidencian a necesidade de ferramentas que contribúan á inclusión educativa e ao apoio personalizado destes estudantes. Con esta motivación nace o presente traballo de fin de grao, desenvolto como unha experiencia de Aprendizaxe-Servizo (ApS) e enmarcado no programa TFGs Solidarios da Cátedra NTTData Diversidade, unha iniciativa que promove proxectos con impacto social real. O proxecto desenvólvese en colaboración cos Concellos de Floriano (Brasil) e Barão de Grajaú (Brasil) e conta coa participación de profesorado con ampla experiencia no ámbito do TDAH, reforzando así a súa relevancia práctica e académica. A memoria céntrase na parte web dunha aplicación previamente iniciada na Universidade da Coruña, composta dunha versión móbil (na que os nenos realizan exercicios) e dunha versión web (onde os docentes consultan información estatística), ambas conectadas mediante unha base de datos común. Para superar as limitacións iniciais, creouse unha nova aplicación web desde cero empregando tecnoloxías libres e de código aberto, e migrouse a base de datos de Firebase a PostgreSQL. O único compoñente reutilizado foi o sistema de visualización de gráficas e táboas, adaptado ao novo ecosistema tecnolóxico. A nova plataforma incorpora múltiples melloras: modo claro/escuro, panel lateral con accesos directos, internacionalización (galego, portugués do Brasil, castelán e inglés), visor de perfil con modificación de contrasinal, paxinación da listaxe de alumnado e optimización de gráficas e exercicios. Ademais, a funcionalidade principal é un chatbot con tres modelos de linguaxe (Gemini, LLaMA e Mixtral), que permite ao profesorado formular preguntas sobre estudantes ou grupos, xerando consultas en tempo real á base de datos e empregando os resultados para xerar a resposta. Para avaliar a súa fiabilidade, deseñouse unha batería de probas cuxos resultados foron validados por expertos, obténdose conclusións relevantes sobre o rendemento. Finalmente, todo o código fonte do proxecto está dispoñíbel de forma gratuíta no meu repositorio público de GitHub e no repositorio da Cátedra, baixo licenza libre GNU General Public License v3.0 (GPLv3), favorecendo a transparencia, a reproducibilidade científica e a súa posible reutilización por outras institucións educativas ou investigadoras.
[Abstract]: Attention deficit hyperactivity disorder (ADHD) is a chronic condition that affects millions of children and, in many cases, persists into adulthood. It is characterized by difficulties in maintaining attention, hyperactivity, and impulsive behaviors. In addition, between 30% and 50% of children with ADHD present conduct disorders, 25% suffer from anxiety, and more than 20% experience learning difficulties. These figures highlight the need for tools that foster educational inclusion and personalized support for these students. With this motivation, the present bachelor’s thesis was developed as a Service-Learning (ApS) experience within the TFGs Solidarios program of the NTTData Diversity Chair, an initiative that promotes projects with real social impact. The project was carried out in collaboration with the Municipalities of Floriano (Brazil) and Barão de Grajaú (Brazil) and involved professors with extensive ADHD experience, reinforcing its practical and academic relevance. This work focuses on the web component of an application initially developed at the University of A Coruña, which consists of a mobile version (where children complete exercises) and a web version (where teachers can access statistical information about students’ progress), both connected through a common database. To overcome the limitations of the initial version, a new web application was built from scratch using free and open-source technologies, and the database was migrated from Firebase to PostgreSQL. The only component reused from the original application was the visualization system for charts and tables, which was adapted to the new technological ecosystem. The new platform incorporates multiple improvements, including: light/dark mode integration, a sidebar with quick access to functionalities, extended internationalization (Galician, Brazilian Portuguese, Spanish, and English), a user profile viewer with password change options, pagination of the student list, and optimized presentation of charts and exercises. Furthermore, its main functionality is a chatbot powered by three language models (Gemini, LLaMA, and Mixtral), enabling teachers to ask questions about individual students or groups. The chatbot generates real-time database queries and uses the retrieved results to provide accurate answers. To assess its reliability, a battery of tests was designed, whose results were validated by experts, leading to relevant conclusions about its performance. Finally, all the source code of the project is freely available in my public GitHub repository and in the Chair’s repository, under the free license GNU General Public License v3.0 (GPLv3), promoting transparency, scientific reproducibility, and its potential reuse by other educational or research institutions.

Description

Editor version

Rights

Attribution 4.0 International
Attribution 4.0 International

Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution 4.0 International