Cara á integración dos recursos dixitais: factores clave

UDC.coleccionInvestigaciónes_ES
UDC.departamentoPedagoxía e Didácticaes_ES
UDC.endPage201es_ES
UDC.startPage196es_ES
dc.contributor.authorAnta Fernández, Pilar
dc.contributor.authorBlanco Martínez, Alfredo
dc.date.accessioned2024-09-20T10:39:04Z
dc.date.available2024-09-20T10:39:04Z
dc.date.issued2018
dc.description.abstract[Resumen] “Vivimos tempos líquidos”, con esta metáfora o sociólogo Zygmunt Bauman (2006 en Area e Pesooa 2012) describe un modelo de sociedade en constante cambio, determinada pola onmipresenza da información que inunda e modela a nosa forma de vida, fronte a un modelo social tradicional caracterizado pola estabilidade. Agora, un desenvolvemento socialmente integrado require a capacidade de acceso á información globalizada, aos sistemas de participación na rede ou á comunicación a través dos medios dixitais, de xeito que estes coñecementos e habilidades aumentan as vantaxes sociais relativas dos seus usuarios (Castaño, 2008). É dicir, que o aumento de emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (en adiante TIC) no relativo ao exercicio da cidadanía, o cidadán dixital do que nos fala Robles (2009), ten os seus efectos negativos xa que aumenta o risco de asimetría social, xa existente por outras causas. As diferenzas que se producen debidas á posibilidade de acceso aos medios informáticos ou á posesión de habilidades necesarias para o seu aproveitamento reforza a idea de fenda dixital ou, o que autores coma Blanco (2002), Gutiérrez (2003) Sangrà e González (2004), entre outros, denominan inforricos e infopobres. No convencemento de que a escola non pode permanecer illada da sociedade, dos seus cambios e das súas demandas, esta debe incluír, entre os seus obxectivos, a universalización da alfabetización dixital, digital literacy (termo acuñado por Glister, 1997 en Castaño 2008), e que a UNESCO define como “conxunto de destrezas, coñecementos e actitudes que necesita unha persoa para desenvolverse funcionalmente dentro da sociedade da información” (Richmond, Robinson e Sanchs-Israel, 2008, p. 52). Esta necesaria nova alfabetización vai asociada irremediablemente á denominada fenda dixital, que co considerable aumento de usuarios de internet deixa de ser dicotómica e se converte en algo máis complexo e difícil de solucionar, xa que ao tratarse máis de calidade de uso que de cantidade referida a dispoñibilidade, non basta coa mera dotación de recursos e infraestruturas (Castaño 2008). Neste sentido Cabero (2014) contempla dúas tendencias, unha branda, relacionada co acceso aos medios, e outra dura e máis difícil de resolver, xa que, como considera este autor, a marxinación se mestura con outros factores socioeconómicos que deixan fóra da sociedade do coñecemento a determinados colectivos e incluso países, xa que “os aspectos culturais e sociais transcenden ao tecnolóxico” (p. 15). Porque, ao final, hai que ter en conta que as TIC non son unicamente un elemento de comunicación, senón que cada vez máis se converten nun elemento de desenvolvemento económico e social. Neste contexto xorde a nosa preocupación por coñecer como se están a integrar os medios tecnolóxicos no ensino, propoñéndonos coñecelo no contexto real dun centro educativo. Así nesta comunicación presentamos os achados en relación cos factores que poden estar a influír na incorporación das novas tecnoloxías na docencia e como estes modulan a práctica educativa.es_ES
dc.identifier.citationAnta Fernández, P., & Blanco Martínez, A. (2018). Cara á integración dos recursos dixitais: Factores clave. En D. Gonçalves, J. Fernández Rodríguez, M. M. Castro Rodríguez, M. C. Ricoy Lorenzo, J. Rodríguez Rodríguez, & X. M. Cid Fernández (eds.), A Fenda Dixital: TIC, NEAE, Inclusión e Equidade (pp. 196-201). Escola Superior de Educação de Paula Frassinetti .es_ES
dc.identifier.isbn978-989-99984-1-4
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/39150
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherEscola Superior de Educação de Paula Frassinetties_ES
dc.relation.urihttp://hdl.handle.net/20.500.11796/2637es_ES
dc.rights.accessRightsopen accesses_ES
dc.subjectRecursos dixitaises_ES
dc.subjectTecnoloxías da Información e a Comunicaciónes_ES
dc.subjectTICes_ES
dc.subjectIgualdadees_ES
dc.subjectIntegraciónes_ES
dc.subjectAlfabetización dixitales_ES
dc.titleCara á integración dos recursos dixitais: factores clavees_ES
dc.typebook partes_ES
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublication03e00c9d-adcd-4185-abaf-2a7b3afef71f
relation.isAuthorOfPublication3cffd0a5-1317-43f8-90ef-4948547fa13a
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery03e00c9d-adcd-4185-abaf-2a7b3afef71f

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Anta_Fernandez_2018_Cara_integracion_recursos_dixitais.pdf
Size:
152.46 KB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: