Informe final: Coidados e corresponsabilidade en Galicia. Análise desde unha perspectiva de xénero.

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Teijeiro-Cal, Noelia
Eijo Mejuto, Antía

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo]: Este informe analiza a distribución do traballo doméstico e de coidados no interior dos fogares e, a súa finalidade, atópase en explorar as desigualdades de xénero que, dentro das familias, subxacen na súa repartición. É así como estudamos a corresponsabilidade, é dicir, ese proceso mediante o cal as tarefas domésticas e as responsabilidades familiares, tales como a súa organización, o coidado, a educación e o afecto de persoas dependentes dentro do fogar é distribuído de maneira xusta e equilibrada entre os tempos de vida dos homes e das mulleres que conforman os grupos de parentesco. Entendemos, así mesmo, que para que exista unha corresponsabilidade real é necesario que outras institucións e administracións públicas tamén se impliquen en proporcionar programas sociais que contribúan á súa consecución, pois o coidado e a súa resolución diaria, requiren dunha resposta colectiva e interdependente. Con todo, unha avaliación das políticas públicas non se incluíu de forma específica neste documento, xa que representa un estado da cuestión de como se organizan os espazos íntimos e de convivencia para garantir a supervivencia das persoas máis fráxiles e para afrontar as obrigacións vitais.

Description

A investigación foi coordinada por Raquel Martínez-Buján e Paloma Moré Corral. Participaron como equipo de investigación Julia Nogueira Domínguez, Noelia Teijeiro Cal e Antía Eijo Mejuto. Todas as persoas integrantes están adscritas á Universidade da Coruña.

Keywords

Editor version

Rights