Relacionamento cultural e imaxe da Galiza nas edicións galega, española e inglesa d’A Praia dos Afogados de Domingo Villar
Title
Relacionamento cultural e imaxe da Galiza nas edicións galega, española e inglesa d’A Praia dos Afogados de Domingo VillarAuthor(s)
Directors
Samartim, RobertoDate
2023Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescription
Traballo fin de mestrado (UDC.FIL). Literatura, cultura e diversidade. Curso 2022/2023Abstract
[Resumo] A Praia dos Afogados (Domingo Villar, 2009) é un romance negro policial que acadou un
grande éxito de vendas no mercado literario galego, así como no español e noutros como o
inglés. A partir dunha leitura desde a imagoloxía das versións galega, española e inglesa, este
traballo ocúpase da análise contrastiva desas tres versións do romance de Domingo Villar,
estuda como foron traducidas e como foron promovidas en cada un dos sistemas a que foi
adaptado o texto; o traballo testa tamén a aplicación de conceitos como a ambivalencia
sistémica, a mediación, a apropiación ou a exotización nun produto literario con un alto
impacto nos mercados e na crítica. Para tal fin, foi realizado un levantamento exhaustivo de
fragmentos desta novela en cada unha das tres versións escollidas para análise e, do mesmo
xeito, foron comparadas as estratexias de mercado das editoras envolvidas (Galaxia, Siruela e
Abacus, para as versión galega, española e inglesa, respectivamente), así como varias das
recensións recebidas por A praia dos afogados.
Da nosa análise de caso derívase que a dita ambivalencia sistémica, entendida como
un conxunto de estratexias narrativas destinadas a localizar un produto en dous sistemas (para
aumentar mercados, nível de consagración, etc.), promove estereotipos sobre a imaxe da
Galiza para consumo no sistema cultural español (populacións mariñeiras identificadas como
supersticiosas, herméticas, ambiguas, ...) e non parece contribuír a reforzar a autonomía do
sistema galego fronte ao español. Polo contrario, estas estratexias parecen colocar o sistema
galego na órbita de influencia do sistema español (con risco da súa subsistemización), onde
circulan produtos que serán consumidos como exóticos e eventualmente exportados como
propios. A crítica galega maioritaria, porén, saúda estas estratexias e estas relacións como
positivas para o sistema cultural galego.
Keywords
Villar, Domingo
Romance negro policial
Mercado literario galego
Mercado literario español
Mercado literario inglés
Traducións
Editoriais
Romance negro policial
Mercado literario galego
Mercado literario español
Mercado literario inglés
Traducións
Editoriais
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido