Bibliodiversidade: guía de boas prácticas
Title
Bibliodiversidade: guía de boas prácticasDate
2022Abstract
[Resumo] O proxecto Bibliodiversidade, as bibliotecas como axentes para educar na diversidade afectivo-sexual, nace do CEXeF, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. En gran parte inspirado polas iniciativas das bibliotecas municipais da cidade, a prol da oferta e divulgación de material que representa a diversidade afectiva-sexual, este proxecto ten o obxectivo principal de promover o uso destes recursos como ferramenta didáctica nas aulas. Levouse a cabo durante Setembro-Decembro de 2021.
Seleccionamos 18 libros para revisar e suxerir posibilidades orientadas a súa incorporación en propostas didácticas. Estes libros corresponden ás etapas educativas dende segundo ciclo de Educación Infantil ata o terceiro ciclo de Educación Primaria. Organizamos 8 mesas de traballo para analizar estes libros e xerar ideas sobre o seu uso nas aulas. A cada unha destas mesas, coordinadas por Ana-María Amigo Ventureira e Almudena Varela Suárez, convidamos a participar unha persoa representante do profesorado, o activismo e as bibliotecas municipais, co obxectivo de intercambiar ideas enraizadas nestes tres ámbitos de experiencia. Gravamos estes debates e tomamos notas extensivas, para logo elaborar esta Guía de Boas Prácticas. Así podemos non só recomendar e describir unha serie de libros que abordan a diversidade afectivo sexual e a ruptura de estereotipos de xénero para idades varias, senón tamén ofrecer algunhas ideas para incorporar estes materiais na práctica educativa. Polo tanto, para cada libro, elaborouse unha breve descrición, puntos positivos e aspectos que se debería cuestionar ou quizais compensar con accións pedagóxicas, apuntamentos para traballar na aula, outros materiais para acompañar o libro e posibles actividades. Ao final de todo, incluímos algúns consellos a ter en conta na selección de materiais, e proporcionamos recursos adicionais variados para seguir informándose e para apoiar a docencia.
Keywords
Material didáctico
Diversidade afectiva
Diversidade sexual
Educación infantil
Educación primaria
Diversidade afectiva
Diversidade sexual
Educación infantil
Educación primaria
Editor version
Editor
Universidade da Coruña. Centro de Estudos de Xénero e Feministas