Unha experiencia de adaptación metodolóxica á docencia virtual e as súas implicacións no seguimento por parte do alumnado

Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/28811
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Unha experiencia de adaptación metodolóxica á docencia virtual e as súas implicacións no seguimento por parte do alumnadoAutor(es)
Data
2021Cita bibliográfica
Soneira Calvo, Carlos (2021): Unha experiencia de adaptación metodolóxica á docencia virtual e as súas implicacións no seguimento por parte do alumnado. En García Naya, J.A. (ed.) (2021). Contextos universitarios transformadores: a nova normalidade académica. Leccións aprendidas e retos de futuro. V Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. A Coruña (pág. 379-389) DOI capítulo: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498180.379 DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498180
Resumo
[Resumo] Neste traballo expóñense os cambios metodolóxicos, incluíndo os relativos á avaliación e ás titorías levados a cabo na materia Educación Matemática 1, de 1º do grao en Educación Primaria para adaptar a docencia á modalidade virtual. Para as sesións asíncronas, graváronse vídeos explicativos sobre contidos teóricos aos que o alumnado podía acceder con antelación. As sesións síncronas dedicáronse principalmente a ilustrar a posta en práctica dos contidos teóricos expostos nos vídeos. Nelas os estudantes empregaron os recursos que ofrece Teams para se organizar en pequenos grupos dentro do grupo xeral, o que facilitou a interacción co docente. A avaliación foi continua, con varias probas síncronas individuais a través de Moodle e a realización dun traballo por grupos. As titorías realizáronse vía Teams e cobraron maior peso relativo respecto a cursos anteriores, con docencia presencial. O seguimento das distintas sesións foi, en termos xerais, sostido ao longo do cuadrimestre, e non houbo incidencias importantes na realización das probas on-line nin no funcionamento dos pequenos grupos. Porén, algúns fenómenos observados durante as sesións síncronas suxiren posíbeis anomalías no xeito de atender á sesión. Os resultados da avaliación foron máis positivos ca nas edicións presenciais da materia. [Abstract] This paper presents the methodological changes, including those related to the assessment and tutorials carried out in the subject Educación Matemática 1, corresponding to the 1st course of the degree in Primary Education, in order to adapt teaching to the virtual modality. Regarding the asynchronous sessions, explanatory videos about theoretical contents were recorded and students could access to them in advance. The synchronous sessions were mainly devoted to illustrating the implementation of the theoretical contents. In these sessions, the students used the resources provided by Teams to work in small groups, which facilitated the interaction with the teacher. The evaluation was continuous, with individual synchronous tests through Moodle and a collaborative work. Tutorials were carried out via Teams and gained more relative weight compared to previous face-to-face teaching courses. The follow-up of the sessions was, overall, sustained throughout the semester, with no significant incidents in the conduct of the online tests nor in the operation of the small groups. However, some phenomena observed in the synchronous sessions suggests that episodes of lack of engagement could have happened. The results of the evaluation were more positive than in the face-to-face editions of the subject.
Palabras chave
Docencia virtual
Metodoloxía docente
Avaliación
Titoría
Online teaching
Teaching practises
Assessment
Tutorial
Metodoloxía docente
Avaliación
Titoría
Online teaching
Teaching practises
Assessment
Tutorial
Versión do editor
Dereitos
Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
ISBN
978-84-9749-818-0