Aproximación á incorporación de perspectiva de xénero nunha materia de Grao en Enfermaría
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22721
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Aproximación á incorporación de perspectiva de xénero nunha materia de Grao en EnfermaríaData
2019Cita bibliográfica
Coronado Carvajal, Carmen; Freijomil Vázquez, Carla (2019): Aproximación á incorporación de perspectiva de xénero nunha materia de Grao en Enfermaría . Póster presentado en: III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 529-532). En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121
Resumo
[Resumo] Entre os determinantes que condicionan o nivel de saúde da comunidade atópase o
medioambiente psicosocial e sociocultural que engloba unha ampla gama de determinantes
sociais da saúde como o sexo, a igualdade de xénero, a pobreza e a equidade (OPS/OMS,
2010).
A finalidade principal da acción enfermeira é potenciar ao máximo o grao de saúde das
persoas, capacitándoas para a independencia e a vivencia plena de cada unha das etapas do
seu ciclo vital a través da educación. Os alumnos de Grao en Enfermaría deben estar en
condicións de detectar os factores que poñen a mulleres e homes en risco para a saúde e
abordar as súas necesidades con intervencións eficaces. O xénero é un deses factores, e
cremos que é imprescindible adoptar unha perspectiva de xénero na saúde comunitaria para
lograr a equidade en saúde (Ponferrada Arteaga, 2017).
Na materia “Enfermaría Comunitaria I” se desenvolveron tres talleres de docencia interactiva
en grupos de 20 alumnos, de hora e media de duración. Realizáronse lecturas e dinámicas de debate ou elaboración de materiais dixitais que se compartiron co grupo completo na aula
virtual Moodle (Alcántara, 2008; Gavidia y Talavera 2012; OMS 2016). Os nosos estudantes constataron a necesidade de reflexionar en como inflúen de distinta
maneira nos problemas de saúde de mulleres e homes, non só os factores biolóxicos senón
tamén os relacionados co estilo de vida e mesmo coas diferenzas no acceso e uso dos
servizos do sistema sanitario. Todo iso bastante relacionado á vez con outros determinantes
sociais como idade, grupo étnico, situación socioeconómica, etc.
Palabras chave
Saúde comunitaria
Enfermaría
Igualdade de xénero
Equidade en saúde
Enfermaría
Igualdade de xénero
Equidade en saúde
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España