Redeseño dun xerador de auga doce nun buque LNG de propulsión MEGI
Title
Redeseño dun xerador de auga doce nun buque LNG de propulsión MEGIAuthor(s)
Directors
Romero Gómez, ManuelDate
2017Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Náutica e MáquinasDescription
Traballo fin de grao (UDC.ETSNEM). Tecnoloxías Mariñas. Enerxía e Propulsión. Curso 2016/2017Abstract
[Resumo]O presente traballo consiste nunha mellora no sistema de xeración de auga doce para realizar en buques LNG de propulsión MEGI.
Neste tipo de buque só existe a posibilidade de xerar auga doce durante a navegación. O que se pretende realizar é o perfeccionamento da instalación do xerador de auga doce da banda de estribor, para que así teña dous modos de funcionamento: “Modo Fondeo” e “Modo Navegación”.
Con esta solución, o buque será apto para xerar auga doce baixo calquera circunstancia e para isto non será necesario ningún aporte de enerxía adicional, pois aproveitaranse calores residuais e, por conseguinte, non se aumentará o nivel de contaminación. Tampouco precisará de ningún tipo de mantemento e contará cunha regulación sinxela e intuitiva para o persoal de a bordo, similar a calquera instalación de xeradores de auga doce.
O traballo consiste, por tanto, no deseño dun novo sistema que permita levar a cabo tal propósito e demostrar que é factible, e contando cun orzamento económico.
Keywords
Xerador de auga doce
Calores residuais
Buques LNG
Aproveitamento enerxético
Calores residuais
Buques LNG
Aproveitamento enerxético
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido